Os servizos sanitarios de urxencia que acudiron a atender ao señor necesitaron a axuda dun equipo de rescate do parque de bombeiros municipal, pois o doente estaba, ademais, nunha situación totalmente inestable e sobre unha superficie de terra movida. Todo sucedeu sobre as 11:00 horas no Parque Forestal de Aguieira, entre Coruxo e Matamá, en Vigo.
Ata alí se desprazaron os técnicos sanitarios nunha UVI Móbil, que logo se deron conta de que serían necesarios medios especializados para poder acceder ao paciente. Así, os xestores do CAE 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros municipais, que provistos de cordas e unha padiola, lograron sacar ao home do barranco. Por fortuna, xa recobrara a consciencia.