Unha vez no lugar e logo de entrevistarse coa suposta vítima, os policías xa observaron moitas incoherencias no relato dos feitos. Malia todo, o home foi trasladado a un centro médico, onde a versión trasladada ao facultativo do servizo de Urxencias tamén era contraditoria, polo que foi dado de alta.
Segundo a Policía Local, posteriormente este peón autolesionouse nunha caída nos arredores do centro de saúde e foi trasladado ao hospital Povisa de Vigo.
Por parte dos axentes continuouse coa investigación con declaracións de diversas testemuñas e condutores, concluíndo que este peón simulaba ser atropelado por vehículos parados poñéndose diante e tirándose ao chan, supostamente para percibir algún beneficio do seguro do vehículo, considerándose unha estafa.
Todos estes feitos foron postos a disposición do xulgado de garda de Ponteareas.