• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    eleccións municipais 2019

    O BNG de Vigo presenta o seu programa con 537 medidas «en positivo»

    A formación nacionalista propón 30 actuacións urxentes relacionadas coa mellora do transporte público, a política social, o emprego ou o urbanismo
    Redacción por Redacción
    07 de May, 2019
    en Municipales 2019
    0
    O BNG de Vigo presenta o seu programa con 537 medidas «en positivo»

    O documento (dispoñible en PDF ao final do artigo) recolle un total de 537 medidas concretas e foi elaborado nun proceso «fortemente participativo», como resultado de máis de 30 encontros sectoriais e de xuntanzas con colectivos sociais e incorporando preto de un cento de ideas e suxestións que a formación nacionalista recibiu a través da APP móbil posta en marcha hai varias semanas.  Desas 537 medidas o Bloque recolle unha selección de 30 «urxentes e importantes» que en opinión de Igrexas, resumen e representan a proposta do Bloque como unha «alternativa construtiva e en positivo ao servizo da veciñanza para dar resposta aos problemas e necesidades reais da cidade». O documento non está fechado, «é un punto de partida», afirman, e seguirá recollendo as ideas e propostas das viguesas e vigueses. «O novo impulso que Vigo necesita é tarefa de todos e de todas, e por iso imos seguir a escoitar á veciñanza», explica o candidato nacionalista.

    As medidas do programa nacionalista responden a tres ideas forza coas que Igrexas define ese novo impulso necesario para a cidade olívica. «Queremos facer de Vigo unha cidade para o pobo, poñendo os problemas e as necesidades reais das viguesas e os vigueses no centro da política municipal, dedicando toda a capacidade e recursos do Concello a darlles resposta».

    Ademais, o candidato do Bloque afonda na perspectiva social afirmando que procuran tamén «unha cidade de iguais, de xustiza social, de emprego digno e con dereitos, de oportunidades para a mocidade e onde se despreguen política radicalmente feministas para conseguir facer de Vigo un territorio libre de machismo». Fronte a concepcións que «empequenecen Vigo, acantonándoa, amurallándoa e enfrontándonos con todos por todo», Igrexas reivindica un Vigo que sexa «motor de todo un país, liderando desde a cooperación a súa Área Metropolitana, afirmándose como un vigoroso pulmón industrial para Galiza e como a capital galega da innovación, da tecnoloxías e as comunicacións».

    Propostas en positivo
    Entre as iniciativas incluídas no programa salienta a redefinición das axudas sociais para a posta en marcha dunha Renda Social Municipal, duplicar o Plan Municipal de Emprego, e  a elaboración dun novo Regulamento de Participación Cidadá –coa creación dos Consellos Veciñais de Barrio e Parroquia como espazos de codecisión e a posta en marcha dos orzamentos participativos. Tamén inclúen medidas para reforzar as políticas feministas, como a creación de dous novos centros de información ás mulleres ou un Plan municipal de apoio aos Coidados. En relación ao modelo urbano, o Bloque aposta por elaborar un novo PXOM de xeito «transparente e participativo» que poña o urbanismo «ao servizo da cidade e da veciñanza e non da especulación».

    A principal liña de actuación será o impulso ao transporte urbano «como eixo dunha mobilidade do século XXI que revolucione a cidade e permita volver gañar espazo público para as persoas como o BNG fixemos no Calvario e na Praza da Independencia hai dúas décadas». A este respecto promoverán un novo mapa de liñas, frecuencias de 15 minutos en horario laborable, a redución dos tempos de traxecto e a mellora da conexión co hospital e outras dotacións.

    No capítulo ambiental recollen o compromiso de «reconciliar a cidade co seu medio natural» pulando por unha maior protección e a recuperación do Lagares, dos montes e da faixa litoral, reiterando a súa oposición frontal a novos recheos. O programa inclúe un amplo paquete de medidas en defensa do benestar animal, defendendo a fin do modelo exhibicionista de Vigozoo, reconfigurándoo como centro de conservación ou co compromiso de estudar e poñer en marcha proxectos-piloto para permitir o acceso de mascotas ao transporte urbano e locais municipais. «Reverter o desmantelamento cultural dos últimos 4 anos» é outro dos compromisos do Bloque, que propón a creación dunha rede de bibliotecas en todos os barrios ou a dinamización da Rede Museística. Unha fiscalidade municipal progresiva e a determinación para «reverter os procesos de privatización, remunicipalizando a xestión dos servizos públicos», completan os principais eixos programáticos.

    Sobre o papel da cidade, o programa do Bloque defende un «Vigo referencial», coa posta en marcha da Área Metropolitana, recuperando o consenso necesario e dotándoa de contido práctico para mellorar a calidade de vida e os servizos que se prestan. Tamén se comprometen a demandar con firmeza a «fin do abandono» que padece a cidade tanto por parte da Xunta como do Goberno español, urxindo o desbloqueo do financiamento que necesita a «principal cidade de Galiza».

    Por último, defendendo as potencialidades do Eixo Atlántico e da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, a fronte nacionalista aposta por estabelecer «unha cooperación estábel e continuada entre as 7 cidades galegas». «A Galiza urbana temos que sumar esforzos para impulsar xuntos e xuntas un proxecto de País, unha nova Galiza, próspera, socialmente xusta, igualitaria, radicalmente democrática e con plena capacidade de decisión», defenden.

    Man tendida para sumar en favor de Vigo
    Convencido de que o BNG vai volver estar na corporación municipal a partir do 26 de maio, Igrexas explicou que aspiran «a estar nunha posición de forza para ser decisivos». «Non queremos sumarnos o constante pim pam pum no que se teñen convertido os plenos. Nós non imos retornar á Corporación Municipal para mazar en Abel Caballero, nin en ninguén. Vimos a mazar nos problemas da cidade, a contribuír a resolver os problemas reais das viguesas e os viguesas para que a política municipal de Vigo deixe de versar sobre un nome e un apelido», acrecentou.

    Neste sentido, Igrexas explicou que a campaña do BNG vai estar centrada nas propostas e alternativas e non «na crítica nin na diagnose». «O Vigo ‘top’ do que fala un candidato non existe. Pero non é necesario que o digamos o BNG. Víveno en carne propia as viguesas e os vigueses, cando ao ir coller un bus este pasa cada hora ou non pasa en fin de semana. Cando dúas de cada tres familias queda sen praza nas escolas infantís públicas porque non se creou ningunha nova en catro anos. Cando a pesar de estar nunha situación límite quedan sen o cheque social ou tardan sete meses en tramitarlle un Risga. Por iso, nós do que imos falar é do que un BNG determinante podemos facer en favor de Vigo», remachou.

    Igrexas defendeu que o proxecto de cidade do Bloque está dirixido «ao conxunto das viguesas e dos vigueses». «Temos a man absolutamente tendida, queremos sumar o apoio de millares de cidadás e cidadáns que creen que Vigo merece máis, independentemente de que concorden ou non co que se fixo estes últimos catro anos, pero que entenden que a cidade precisa dun novo impulso», afondou.

    Regreso á Corporación
    A preguntas dos medios sobre a expectativa de cara os vindeiros comicios Pérez Igrexas o ten claro: «Temos unha sensación moi positiva, non só a certeza de que o Bloque imos voltar ao Concello senón dunha clara remontada do BNG. Estamos vendo que fronte a falta de goberno e de alternativa real nas forzas da oposición que teñen presenza hoxe no Pleno, a xente volta a ollar para nós. Xente que nos votou no pasado pero tamén xente que non votou nunca  ou que vai poder votar por primeira vez e que entende que o Bloque somos unha alternativa en positivo».

    Despois de «patear os barrios e as parroquias», de moitas reunións e encontros, o candidato á alcaldía di que a resposta da veciñanza que máis lle ten marcado a nivel persoal é o recoñecemento de  «o Bloque somos a única forza que nos preocupamos pola xente, que nos preocupamos polos seus problemas e que falamos de transporte, de política social, de política feminista, de cultura, e que malia non termos estado no pleno si estivemos na cidade, a pé de rúa e a carón dos movementos sociais», apuntou, expresando o seu recoñecemento ao papel xogado por Serafín Otero, anterior candidato ás municipais e actual responsábel local do Bloque en Vigo.

    43

    RelacionadosArtículos

    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII
    Moda

    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR