• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 30 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A UVigo contará co seu buque oceanográfico de última xeración no derradeiro trimestre de 2023

    A institución formalizou o contrato con Rodman Polyships para a construción da embarcación destinada ao Centro de Investigación Mariña
    Redacción por Redacción
    19 de Ene, 2023
    en Marítima
    0
    A UVigo contará co seu buque oceanográfico de última xeración no derradeiro trimestre de 2023

    Infografía do barco. / Fonte: Uvigo

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) formalizou este mércores o contrato co estaleiro moañés Rodman Polyships para a construción dun buque oceanográfico de última xeración con propulsión híbrida enchufable, por un valor de 1,5 millóns de euros (sen IVE) e cun prazo de execución de oito meses.

    Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, o catedrático e director do CIM, Daniel Rey, valora positivamente a adxudicación, xa que “demostra a calidade e capacidade naval de Vigo e arredores para achegar solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito mariño, encaixando estas coas políticas de Porto Verde defendidas pola Autoridade Portuaria de Vigo e que tamén comparte o CIM-UVigo”, salientou o principal responsable do CIM, quen tamén adiantou que “nos vindeiros días realizarase un acto público coa empresa adxudicataria para selar a colaboración”.

    Pola súa banda, a directora de Márketing e Comunicación de Rodman Polyships, María Herrero, afirmou que  están “moi contentos” pola adxudicación deste novo contrato. “Supón un novo reto desde o punto de vista técnico e de innovación, xa que esta embarcación incorporará un sistema híbrido de propulsión que lle permitirá unha navegación soportada 100% por enerxía eléctrica. Ademais, instalarase un sistema de autoxeración eléctrica a través de enerxía eólica”, engadiu. Así mesmo, Herrero enfatizou que se trata “dun proxecto 100% sostible, que marcará un novo fito para o noso estaleiro. É para nós un orgullo que a Universidade de Vigo confíe en Rodman para o desenvolvemento e construción deste novo buque”.

    19,5 metros de eslora por 5,4 metros de manga

    A embarcación, que contará cun tamaño medio de 19,5 metros de eslora por 5,4 metros de manga, fortalecerá a posición de Vigo, e de Galicia en xeral, na investigación oceanográfica costeira, permitíndolle abordar con maior garantía e competencia algúns dos desafíos sociais máis críticos relacionados co cambio climático e ambiental, a pesca, a biodiversidade ou a xestión de riscos.

    Daniel Rey estimou que a construción da estrutura do buque debería estar finalizada en outono, para logo proceder á instalación de equipamentos en cuberta como un guindastre nun dos costados, un pórtico en popa e un cabrestante para o manexo e despregamento de equipos pesados como rosetas, testificadores, redes , ROVs, etc. Posteriormente, realizaríanse probas coas que comprobar o seu correcto funcionamento.

    “A plena operatividade do buque acadarase na primeira metade do 2024, aínda que a finais deste ano xa podería estar preparado para facer tarefas básicas de investigación”, avanzou o catedrático da UVigo. Concretamente, o prego de prescricións técnicas establece a finalización da construción do casco aos catro meses da adxudicación e a finalización da instalación da motorización, dous meses despois. Finalmente, indica que a superación das probas de mar será no último mes de execución do contrato.

    Un activo clave para o CIM-UVigo

    Respectuoso co medio ambiente e cun modelo de xestión eficiente que facilitará a obtención de datos oceanográficos de gran calidade técnica, o buque estará acondicionado para realizar tarefas de investigación científica en mares e augas costeiras. Terá carácter híbrido enchufable e contará tamén, de maneira complementaria, cun sistema  de propulsión de enerxía baseado en paneis solares con celdas policristalinas conectadas a un cargador e dous aeroxeradores vinculados aos seus sistemas de control. 

    “Esta ferramenta fortalecerá a posición do CIM e das ciencias mariñas en xeral a nivel nacional, brindando acceso á comunidade científica a observacións oceánicas in situ como unha infraestrutura habilitadora que xera datos de interese público, e que proporcionará información adecuada para apoiar o desenvolvemento da economía azul sostible”, explicou o Daniel Rey.

    Este novo activo será xestionado como un servizo xeral, a través da plataforma web de solicitude de reserva e prestación de servizos existente no CIM. Ademais de para a propia comunidade universitaria, especialmente para a Facultade de Ciencias do Mar, facilitando a formación práctica no grao, mestrados e cursos de doutoramento, a embarcación estará tamén a disposición de calquera outra institución, galega, nacional e incluso internacional, tanto a través da rede europea de recursos biolóxicos mariños (EMBRC-ERIC) á que pertence o centro, como do resto de infraestruturas europeas nas que participan os diferentes grupos de investigación da Universidade de Vigo adscritos ao CIM.

    A embarcación proposta e o modelo de prestación de servizos están deseñados para levar a cabo misións de investigación científica pluridisciplinar tales como a análise das características físicas, químicas, ou biolóxicas da auga de mar e dos sedimentos, a realización de tarefas de observación e cartografía do ecosistema mariño, os seus hábitats, e dos fondos e subsolo mariño. Tamén terá capacidades para a instalación e recuperación de equipos oceanográficos fondeados, como é o caso das boias oceanográficas, o lanzamento de mostreadores e perfiladores e o apoio loxístico a vehículos submarinos non tripulados de mediano e pequeno tamaño.

    Este proxecto está financiado con cargo á axuda concedida pola Axencia Estatal de Investigación, pertencente ao Ministerio de Ciencia e Innovación, para a adquisición de equipamento científico-técnico de última xeración no marco do Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2017-2020, resolta en novembro de 2021 e pola que se lle concederon á Universidade de Vigo un total de 3,5 millóns de euros, dos que 1,5 millóns correspondían á embarcación promovida polo CIM.

    Tags: RodmanUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo estrea bolsas de desprazamento para alumnado que realiza prácticas curriculares
    Local

    A UVigo estrea bolsas de desprazamento para alumnado que realiza prácticas curriculares

    29 de Mar, 2023
    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional
    Local

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional

    24 de Mar, 2023
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia
    Local

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    22 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología
    Local

    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología

    17 de Mar, 2023
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus
    Local

    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    16 de Mar, 2023

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    Cinco planes de última hora para viajar desde Vigo en Semana Santa

    por Redacción
    28 de Mar, 2023
    0
    Lagoa das Sete Cidades, São Miguel, Azores.
    Viajes

    La Semana Santa ya está ahí y aunque lo de encontrar “chollos” de última hora está complicado, aún se puede

    Leer mas

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0
    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”
    Local

    Hacía ya tiempo que Mayra buscaba una oportunidad para tener su propio negocio y la suerte quiso que su destino

    Leer mas

    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista

    por David Lorenzo
    29 de Mar, 2023
    0
    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista
    Local

    El pronóstico del tiempo para los días grandes de la Reconquista de Vigo lleva días titubeando. La previsión apuntaba inicialmente

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR