• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 30 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE DE VIGO

    «Desafíos do Océano» visibiliza a labor de seis científicas referentes

    A produción primaria mariña, control da pesca, enerxía renovable mariña, contaminantes emerxentes, xenética para conservación de especies e control do medio mariño son o retos abordados en cada capítulo
    Redacción por Redacción
    02 de Jul, 2024
    en Local
    0
    «Desafíos do Océano» visibiliza a labor de seis científicas referentes

    Seis investigadoras referentes, seis retos e seis olladas de futuro. Así é a segunda edición da serie documental ‘Desafíos do Océano: científicas ao mando’, un proxecto posto en marcha pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar no que investigadoras de diferentes ámbitos do medio mariño contan a súa visión e experiencia ante novos retos de futuro.

    Cambio climático e produción primaria mariña, control da pesca, enerxía mariña e fontes alternativas, contaminantes emerxentes, xenética aplicada á conservación de especies e control do medio mariño son os desafíos que se abordan en cada un dos capítulos de 10 minutos de duración e xa dispoñibles para o público a través da páxina web do proxecto e das redes sociais do Campus do Mar.

    O edificio Redeiras da Universidade de Vigo acolleu hai uns días a presentación pública desta serie documental de seis capítulos, un proxecto que contou coa colaboración e cofinanciamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, FECYT.

    As seis protagonistas compartiron co público as súas experiencias no proxecto, dúas delas de forma presencial e outras catro a través de vídeos enviados para a ocasión.

    Un proxecto que naceu “para visibilizar a investigación mariña liderada por mulleres e espertar vocacións científicas e inspirar á mocidade abordando os novos problemas oceánicos críticos” e que, como sinalou o director do Campus do Mar, Daniel Rey, culmina esta segunda edición con novas temáticas, novos espazos de divulgación e novas melloras técnicas.

    “Esta serie danos a oportunidade de promover a igualdade de xénero en STEM visibilizando modelos a seguir a través de historias atractivas que crean conexións emocionais coa audiencia, pero tamén de poñer en valor o traballo realizado por todas as investigadoras participantes, facilitando o poder influír en determinadas decisións políticas sobre a conservación oceánica”, explicou.

    Daniel Rey resaltou ademais a grande acollida da primeira edición de ‘Desafíos do Océano’, que acadou máis de 100.000 reproducións das seis pezas documentais e que foi destacado pola FECYT como exemplo de boas prácticas entre máis de 200 proxectos de toda España.

    Pola súa banda, a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama, indicou que o proxecto é un reflexo da identidade da institución e unha oportunidade “de devolver á sociedade todo o que nos dá”. “Coa xeración Z, comprometida de forma persoal co medio ambiente, ‘Desafíos do Océano’ é unha grande oportunidade para promocionar o que facemos ao tempo que cambiamos hábitos e comportamentos”, resaltou.

    A serie documental está xa accesible na web do campus do mar  https://campusdomar.gal e tamén na páxina web do propio proxecto  https://desafios.campusdomar.gal

    Seis capítulos, seis científicas, seis desafíos

    A segunda edición desta serie documental de seis capítulos de 10 minutos de duración está protagonizada por Cristina Sobrino, investigadora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo que abordou o cambio climático e a produción primaria mariña; Begoña Santos, da Axencia Europea de Pesca (EFCA) en Vigo, que falou sobre o control da pesca; Maite de Castro, investigadora do CIM-UVigo que tratou a enerxía mariña e as fontes alternativas; Paula Sánchez, científica do Instituto Español de Oceanografía – CSIC para afondar nos contaminantes emerxentes; Paloma Morán, investigadora do CIM-UVigo que tratou sobre a xenética apllicada á conservación de especies; e Covadonga Salgado, directora de INTECMAR, que trasladou o traballo que se realiza en Galicia de control do medio mariño

    Todas as participantes coincidiron en destacar a importancia levar a cabo iniciativas como ‘Desafíos do Océano’ “para amosar o altísimo potencial científico de Galicia, moitas veces liderado por mulleres”, para divulgar temas de vixente actualidade entre a sociedade e espertar vocacións científicas non só entre a mocidade.

    Concurso escolar

    Para ampliar a súa acción, o proxecto ‘Desafíos do Océano’ complementouse con actividades dirixidas á mocidade co obxectivo de espertar vocacións e achegar á xuventude á ciencia mariña en seis ámbitos de nivel global.

    A través do concurso escolar convocado para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1ª de Bacharelato, a rapazada puido colaborar a través de pequenas pezas audiovisuais na divulgación dalgúns dos retos de futuro en relación aos océanos e as posibles solucións.

    Os gañadores do certame foron os alumnos e alumnas do Colexio Lestonnac Compañía de María de Valladolid, que puideron gozar dunha estancia de dous días en Vigo para coñecer a científicas protagonistas da serie, descubrir como é o seu día a día profesional e descubrir as instalacións e o traballo que se está a desenvolver na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Ademais, as e os gañadores visitaron as illas Cíes, o Museo do Mar e outras zonas costeiras de Vigo, como a praia da Fonte. Os vídeos gañadores pódense contemplar nas redes sociais do Campus do Mar.

    43

    Tags: Campus do MarcientíficasdocumentalinvestigadorasreferentesUniversidade de VigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    La UVigo consigue algo más de un millón de euros del Mitma para formación en digitalización y sostenibilidad del transporte
    Local

    El conselleiro de Educación insiste en Vigo en «sumar recursos» con «una única facultad» de Medicina

    20 de Jun, 2025
    El deseo del conselleiro de Sanidade para el nuevo decano de Medicina de Santiago: que siga siendo el único de Galicia
    Actualidad

    El deseo del conselleiro de Sanidade para el nuevo decano de Medicina de Santiago: que siga siendo el único de Galicia

    19 de Jun, 2025
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Local

    Caballero insiste en reclamar una Facultad de Medicina: «Aquí Vigo es una colonia de Santiago»

    17 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    por Fernando Torres Carbajo
    23 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Suspendidas las fiestas de Coia: «Ni la dictadura de Franco había podido con ellas»

    por Andrea Mariño
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    61

    13

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    ROMPEPAGINAS A – 7

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR