A décimo cuarta edición de Vigolandia comeza o 26 de decembro no Ifevi, de 16 a 20 horas, e continúa do 27 ao 30 de decembro desde as 12 ás 20 horas.
Este evento, como cada ano, mantén o seu carácter benéfico e terá un punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros. Cun prezo de entrada de catro euros, Vigolandia ofrece para os máis pequenos inchables, maquillaxe, manualidades, a ponte tibetana, atraccións, deportes e unha tirolina, entre outras actividades.
Caballero, durante o acto de presentación, explicou que Vigolandia inclúe un Concurso de Pintura no que participan 33 centros educativos da cidade, baixo a proposta de tema «As Cores do Nadal». Por último, o rexedor vigués enumerou ás entidades patrocinadoras da cita e agradeceulles a súa participación desinteresada.