Así, toda a Corporación Municipal estivo presente na homenaxe, na que o Concello recordou oficialmente aos por entón alcaldes de Vigo e Lavadores, Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde, respectivamente, ademais dos deputados Antonio Bilbatúa, Heraclio Botana e Ignacio Seoane, todos eles fusilados polos fascistas en 1936.
Abel Caballero interveu recoñecendo a memoria de todos eles e doutros demócratas asasinados daquela, como Apolinar Torres, Gil Santóstegui, González Brunet e Enrique Blein Budiño. Ao acto asistiron familiares de Martínez Garrido, Antela Conde e Antonio Bilbatúa, e concluíu cunha ofrenda floral e un minuto de silencio.