“Xa non estou falando de promesas, estou falando de que hoxe o edificio do antigo ambulatorio de Teis é do Concello de Vigo. E unha vez que xa é noso, dei instrucións para a elaboración do proxecto dunha biblioteca”, previo á licitación e obra.
Ademais, o goberno vigués, segundo indicou o rexedor, tamén validou o proxecto de substitución da rede de abastecemento entre o número 171 da Avenida de Galicia e o colexio San Salvador de Teis. O investimento municipal ascende a 53.000 euros.
A actual canalización é de fundición e está obsoleta, abondou Caballero, “intolerable” na entrada dun centro educativo, polo que o Concello renovará preto de 200 metros de rede.