Trátase dos baixos rehabilitados polo organismo e que se atopan nas rúas San Sebastián, 4; San Sebastián, 6; e Cruz Verde, 5. Os emprendedores interesados en participar neste novo concurso público teñen un prazo de 30 días naturais, contados a partir de mañá, para presentar as súas ofertas empresariais. Así, o último día para facelo será o vindeiro 21 de maio.
As ofertas para montar o seus negocios no Casco Vello, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse dentro do citado prazo e deberanse dirixir ao CCVV, nas súas dependencias situadas na Praza da Princesa, 7-1º, en horario de oficina de 8:30 a 13:30 horas.Tamén poderanse presentar por correo no indicado prazo.
Os pregos de condicións dos 3 locais comerciais que forman parte do concurso atópanse colgados na páxina web do CCVV www.consorciocascovellovigo.org
Características novos locais comerciais
As rendas mensuais destes 3 baixos oscilan entre 108,49 euros e 173,37 euros, xa que o CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- segue a aplicar un desconto do 50% sobre o seu prezo real durante os dous primeiros anos de arrendamento.
O contrato de aluguer destes locais terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade a desempeñar.
– Local de San Sebastián, 4: superficie útil de 34,03 m2, máis outros 17,64 m2 de patio. Prezo co 50% de desconto: 109,43 euros. Prezo pasados 2 anos: 218,85 euros.
– Local de San Sebastián, 6: superficie útil de 33,71 m2, máis outros 16,90 m2.de patio. Prezo do 50% de desconto: 108,49 euros. Prezo pasados 2 anos: 216,97 euros.
– Local de Cruz Verde, 5: superficie útil de 46,10 m2, máis outros 27,60 m2 de patio. Prezo co 50% de desconto: 173,37 euros. Prezo pasados 2 anos: 346,75 euros.
Na actualidade, o CCVV conta con 23 locais comerciais, 2 deles son os relativos a APEC e ao Servizo de Notificacións e Embargos, 17 xa teñem actividade empresarial, 3 son os que forman parte deste novo concurso público e 1 máis atópase en Abeleira Menéndez 18-20.