• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Seis novos centros lucirán o Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo

    O recoñecemento estará exposto no Centro de Investigación Mariña, a Facultade de Educación e Traballo Social, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o Centro de Investigacións Biomédicas e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, quedando clasificados por esta orde segundo a puntuación do xurado.
    Redacción por Redacción
    21 de Abr, 2022
    en Local
    0
    Seis novos centros lucirán o Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo

    O Distintivo de Igualdade da Uvigo.

    Seis novos centros da UVigo poden lucir xa o seu Distintivo de Igualdade, sumándose así á Facultade de Filoloxía e Tradución, que obtivo este recoñecemento na primeira edición da convocatoria, en 2021. Así se recolle na resolución reitoral que dá a coñecer as novas escolas, facultades e centros de investigación seleccionados na convocatoria de 2022 dunha iniciativa única en España.

    Desta volta, no canto de escoller unha soa candidatura, como sucedera na convocatoria piloto, a Unidade de Igualdade mudou as bases para ampliar o recoñecemento a todos os centros que acreditasen un determinado nivel actividades, iniciativas e prácticas que teñan como obxectivo impulsar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. Así, recibirán o Distintivo de Igualdade 2022 da Universidade de Vigo o CIM-Centro de Investigación Mariña, a Facultade de Educación e Traballo Social, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o Cinbio-Centro de Investigacións Biomédicas e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, quedando clasificados por esta orde segundo a puntuación do xurado.

    Os centros recibirán este distintivo, que consiste nunha insignia e unha achega económica de 3000€ para desenvolver políticas de promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, nun acto institucional que terá lugar despois das eleccións á Reitoría da UVigo, previsto para o 4 de maio.

    Balance “moi grato” da segunda convocatoria

    Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo, destaca que esta iniciativa posta en marcha o curso pasado é única en España e pretende “recoñecer a aqueles centros que destaquen polo seu labor a prol da igualdade de xénero” a través dun proceso no que un xurado avalía as actividades e medidas postas en marcha para inserir a igualdade como unha meta transversal tanto no eido académico como no investigador e na relación diaria da comunidade universitaria. O balance final desta convocatoria, recoñece, “é moi grato” e as oito candidaturas presentadas, tanto as seleccionadas como as dúas que quedaron fóra, “amosan fortalezas impresionantes no ámbito das políticas de igualdade e da sensibilización”. Ademais, Gómez recalca que o esforzo que os centros realizan para preparar a súa candidatura resulta ser “unha especie de autodiagnose, un exercicio interesantísimo” que serve para coñecer as súas iniciativas e propostas, poñelas en valor e tamén pensar na posibilidade de introducir esas medidas noutros centros ou na institución no seu conxunto.

    Para iso, xa na primeira edición a Unidade de Igualdade publicou unha guía de boas prácticas na que se recollían as propostas e medidas implantadas polos centros que se presentaron, e desta volta, ampliarase ese documento coas novas iniciativas das novas candidaturas, para que “sirvan como un referente inspirador”.

    Por todo isto, a responsable da Unidade e Igualdade subliña que a convocatoria do Distintivo de Igualdade é tanto “un recoñecemento de todo ese esforzo, que en moitos centros está en mans de dúas ou tres persoas, sobre todo de mulleres”, como “un estímulo para o resto dos centros nun contexto marcado polo Horizonte Europa, onde apostar pola igualdade pode supoñer captar máis fondos, ter máis prestixio e máis excelencia”. Ademais, avanzou que tanto o Ministerio como a Unión Europea están a traballar na posta en marcha de selos similares ao da UVigo, “aos que podemos achegar a nosa experiencia piloto, o noso ensaio, para que coñezan as variables que empregamos, como valoralas, etc. 

    Como acadar o Distintivo de Igualdade

    O Distintivo de Igualdade ten unha vixencia de 6 anos e outórgase a todos os centros que superan o límite de 80 puntos atendendo a criterios como a inclusión da perspectiva de xénero nos plans de estudo das titulacións e as liñas de investigación e de transferencia que incorporen a perspectiva de xénero; o número de persoas expertas e/ou implicadas na promoción da igualdade de xénero que forman parte da facultade, escola ou centro propio da Universidade de Vigo; a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero;  o grao de composición paritaria dos órganos de goberno electos e de libre designación da facultade, escola ou centro; o uso de linguaxe inclusiva e non sexista nos documentos e na comunicación interna; os programas e políticas de captación de novo alumnado con perspectiva de xénero; as medidas promovidas para facilitar a conciliación e promover a corresponsabilidade entre o PDI, o PAS e o alumnado do centro ou calquera outra actividade ou acción innovadoras desenvolvidas para a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, especialmente aquelas realizadas en coordinación co alumnado e/ou novo persoal investigador do centro.

    Novidades respecto da primeira edición

    Como explica Águeda Gómez, se ben na primeira edición se outorgou o distintivo ao centro que acadou mellor cualificación, nesta convocatoria ampliouse a todos os que superasen unha puntuación e tamén se incluíron cambios como a inclusión no xurado de representantes de todos os eidos do coñecemento ou novas variables a ter en conta, entre elas a aplicación do III Plan de Igualdade de Universidade no desenvolvemento das actividades do centro e as políticas de promoción da conciliación propias.

    Ademais, engade a responsable da Unidade de Igualdade, tamén se matizaron certas variables que na convocatoria piloto penalizaban as titulacións STEM. Por exemplo, valorábase como un dos puntos máis importantes que os plans de estudo incluísen contidos de xénero ou materias específicas de xénero, “algo que resultaba moi complicado de executar en titulacións científicas e tecnolóxicas”, polo que tamén se decidiu incluír neste punto as actividades complementarias e de sensibilización, “máis informais e que non teñen que estar no plan de estudos”. Algo similar sucede co criterio do número de expertos e expertas en temática de xénero, que ampliou tamén a persoas promotoras de políticas e accións de igualdade.

    43

    Tags: igualdadUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR