O alcalde participou esta mañá no colexio do Rocío nunha iniciativa chamada Contos na Lareira, con alumnos de infantil e primaria. Aproveitando a visita ao centro, o rexedor referiuse á obra de cubrición do patio que o Concello vai iniciar no mes de xuño, tan pronto remate o período escolar. Aos 275.000 euros deste proxecto hai que sumar outro medio millón para cubrir os patios dos centros Canicouva e Carballal. Ademais, detallou, o orzamento de 2018 recolle outro medio millón de euros con este obxectivo, unha cantidade que se vai a incrementar a cargo do superávit.
Caballero explicou que o Concello recibiu a petición de 15 centros que solicitan cubrir o seu patio de xogos o que suporá un importe de entre 5 e 6 millóns. Unha vez máis, asegurou, a Xunta non asume as súas competencias e será o Concello o que acometa estas melloras, coa incorporación de varias destas solicitudes este mesmo ano.