Os interesados en poder adquirir un destes 8 novos pisos de protección deben estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta no réxime de vivenda de prezo concertado na casiña de compra e, a maiores, teñen que solicitar a súa participación neste sexto sorteo. O modelo para facelo pódese atopar no enlace http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandanteshttp://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes
As 8 VPA que serán sorteadas contan con 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 metros cadrados e 97,59 m2. No caso dos 4 locais comerciais que tamén foron rehabilitados na parte baixa dos inmobles, as superficies útiles están entre 17,87 m2 e 61,96 m2. O prezo destas novas 8 vivendas van desde 80.388,00 euros (sen IVE), a máis barata, mentres que a máis cara é de 126.701,00 euros (sen IVE).
Estas dúas promocións forman parte da sexta fase de posta no mercado de máis vivendas por parte do CCVV. O organismo, a través do IGVS, xa sorteou un total de 74 VPA nas diferentes fases desenvolvidas desde o inicio do proceso comezado no ano 2011. Grazas aos mesmos, son 62 as novas familias que xa residen no barrio histórico.
A día de hoxe, o organismo ten aberto o proceso de adxudicación da quinta fase, a correspondente a outras 10 VPA do cuarteirón Castelo San Sebastián: San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7. Nestes momentos os adxudicatarios das mesmas atópanse no momento de concesión de hipotecas para logo poder formalizar a compravenda e a entrega de chaves.
Ademais deste novo sorteo, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 2 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos tamén no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
Características das 8 VPA que formarán parte do sexto sorteo:
San Sebastián 24-26 (4 VPA):
1 vivenda A (planta baixa): 1 dormitorio. Superficie útil: 61,96 m2.
Prezo: 89.842,00 euros (sen IVE incluído).
1 vivenda B (planta primeira e segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 72,65 m2.
Prezo: 105.342,50 euros (sen IVE incluído)..
1 vivenda C (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,86 m2.
Prezo: 83.897,00 euros (sen IVE incluído)..
1 vivenda D (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 60,41 m2.
Prezo: 87.594,50 euros (sen IVE incluído).
Ferrería 3-5-7 (4 VPA):
1 vivenda 1º A (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,88 m2.
Prezo: 81.026,00 euros (sen IVE incluído).
1 vivenda 1º B (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,34 m2.
Prezo: 83.143,00 euros (sen IVE incluído).
1 vivenda 2º A (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,44 m2.
Prezo: 80.388,00 euros (sen IVE incluído).
1 vivenda 2º B (planta segunda): 3 dormitorios. Superficie útil: 87,38 m2.
Prezo: 126.701,00 euros (sen IVE incluído).