Os veciños do barrio consideran que a construción desta nova senda é “unha oportunidade” para mellorar estas zonas mediante a ampliación da entrada e saída de ditos camiños, ampliando os “estreitos” pasos inferiores. No caso da Ferreira salientan que por el “non pode pasar ningún tipo de vehículo”.
Desde Teis tamén piden aumentar os accesos no tramo final coa construción de dous entradas en ambas marxes, que comunicarían a Vía Verde co lavadoiro e a avenida de Galicia e coa fonte das Catro Pontes ou dos Namorados, o cal permitiría tamén “poñer en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño”.
Ademais, a asociación mostrou o seu malestar por no recibir “ningunha resposta” á solicitude de reunión enviada o pasado mes de febreiro ao concelleiro de Fomento.