• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 3 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Os datos “terribles” de Paz Filgueira na UVigo nos actos do 25-N: “O único risco é ser muller”

    Este acto foi o primeiro de varias iniciativas organizadas por o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
    Redacción por Redacción
    21 de Nov, 2022
    en Local
    0
    Os datos “terribles” de Paz Filgueira na UVigo nos actos do 25-N: “O único risco é ser muller”

    A Maxistrada Paz Filgueira da unha conferencia na UViGO. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O próximo venres conmemorarase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller na xa consolidada xornada do 25-N, que a UVigo conmemora coa conferencia da maxistrada Paz Filgueira.

    Esta importante efeméride á que Universidade de Vigo se suma con diversas iniciativas e actividades ao longo da semana. A primeira delas tivo lugar este luns na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da man da maxistrada Paz Filgueira, especialista en violencia de xénero, que impartiu un relatorio titulado ‘A violencia contra a muller: entre a normativa e a realidade’. 

    En nove anos, 10.000 casos de violencia de xénero

    Acompañada na mesa polo decano do centro, Francisco Torres, a técnica da Unidade de Igualdade, Mar Cendón, e a profesora Marta García Mosquera, promotora da actividade e coordinadora de igualdade da facultade, a maxistrada fixo un percorrido polos seus máis de 20 anos de carreira e analizou a evolución que neste tempo que produciu en materia de violencia de xénero.

    Actualmente con destino no xulgado de primeira instancia de Santiago de Compostela, Filgueira exerceu durante máis de nove anos como titular do xulgado exclusivo de violencia sobre a muller de Vigo. “Só neses anos”, lembraba, “vin 10.000 casos, catro de deles de asasinato e outros doce ou catorce tentativas”.

    Lei do ‘si é si’ e datos “terribles”

    Na súa intervención foi repasando diferentes fitos que se produciron dende a entrada en vigor da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, en 2004, ata a actual ‘Lei do si é si’. Explicou que a elaboración da lei de 2004 respondeu  a unha demanda social derivada duns “datos terribles” como os recollidos, por exemplo, nun informe do Defensor del Pueblo en 1998 “cunha media de 120-130 asasinadas cada ano pola parella ou ex-parella”. Delas, puntualizaba a maxistrada, o 98% puxera denuncia previa, “un dato intolerable para a democracia”.

    Actualmente, esta cifra é de entre o 15% e o 20%, “mellorouse moitos en dúas décadas, pero segue sendo unha cifra elevada, non se pode tolerar nun país que ten un pacto de estado en vigor, co desprazamento de orzamento que hai para este eido que se manteñan estes números”.

    Ante un salón de graos ateigado de estudantes, a maxistrada tamén quixo facer fincapé en determinados aspectos, como o feito de que “non existe un perfil de agresor nin perfil de vítima, só existen condutas estereotipadas froito do desequilibrio constante entre homes e mulleres. O único risco é ser muller”. Por outra banda, tamén se referiu ao acoso, sobre todo ao que se produce en redes sociais e a través de medios dixitais, “xa que na miña experiencia, todo os casos de asasinato estaban precedidos por situacións de acoso non denunciado”.

    Filgueira tamén aproveitou a súa intervención para referirse á polémica pola aplicación da Lei de Garantía Integral de Liberdade Sexual ou Lei do si é si. Lembrou que a posta en marcha desta normativa non é “un capricho do lexislador”, senón que responde a unha esixencia do convenio de Istambul ao que España está adherido. Este acordo, recalcaba, “esixe ampliar a protección da muller a todos os niveis, ir máis aló da violencia exercida pola parella e ex-parella e poñer o foco noutros aspectos como a mutilación xenital, os matrimonios forzados, a violencia sexual, o consentimento, a liberdade sexual”.

    Segundo Filgueira «isto é o que se trata de integrar no novo texto lexislativo, que entrou en vigor hai apenas dous meses”. Ao seu entender é unha lei “positiva, pero non nos podemos deixar levar polo feito de que se revisen catro sentenzas, cando, por exemplo, a Audiencia Provincial da Rioxa pechou filas e dixo que non van revisar se a pena que se aplicou segue recollida no código penal”.

    Campaña contra a violencia de xénero en 13 centros

    Outra das iniciativas que se porán en marcha nesta semana do 25-N xurde da Unidade de Igualdade, que lanzará unha campaña divulgativa en 13 centros, facultade e escolas dos tres campus “para informar da existencia do Protocolo de Acoso Sexual e Por Razón de Sexo da nosa Universidade”, explica Águeda Gómez, “ademais doutros recursos”. O obxectivo é sensibilizar sobre as violencias contra as mulleres solo polo feito de ser mulleres.

    “A compaña comprende a instalación de paneis informativos dirixidos á comunidade universitaria en xeral e aos homes da nosa comunidade en particular, pois percibimos maior sensibilidade entre as mozas e queremos reforzar tamén a sensibilización  e invitalos á reflexión para compensar o negacionismo, misoxinia e vitimismo masculinista propio do discurso da manosfera, que é hexemónico en certas redes sociais”. 

    Ademais, tamén se levarán a cabo diversas actividades sobre a violencia machista dixital, cunha campaña en redes sociais e o lanzamento do cartaz institucional, que fará fincapé sobre os machitroles e as consecuencias que ten para as mulleres e a súa vida tanto dixital como analóxica.

    Ademais, lembra Gómez, o calendario deste ano aborda esta temática, que tamén se abordou nas últimas semanas en diversos actos e eventos sobre as violencias machistas dixitais, como o Workshop da Cátedra Feminismos 4.0 ou a presentación do segundo informe do Observatorio Stop Machitroles, que afonda na presenza das novas sobre este tipo de violencia machista na prensa galega. 

    Tags: 25NfeminismoUVigoUVigoéViolencia de género

    RelacionadosArtículos

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial
    Local

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial

    31 de Ene, 2023
    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society
    Ciencia y Tecnología

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society

    26 de Ene, 2023
    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores
    Local

    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    25 de Ene, 2023
    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
    Local

    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

    24 de Ene, 2023
    Detenido en Vigo tras quebrantar la orden de alejamiento de su expareja
    Local

    Detenido en Vigo tras quebrantar la orden de alejamiento de su expareja

    23 de Ene, 2023
    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial
    Local

    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    23 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    por Redacción
    29 de Ene, 2023
    0

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    por David Lorenzo
    01 de Feb, 2023
    0

    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol
    Sucesos

    Un conductor, natural de Vigo y de 31 años de edad, ha quedado investigado como presunto autor de un delito

    Leer mas

    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses
    Local

    El Concello de Vigo quiere disponer de las parcelas en las que se construyó en su día la antigua estación

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR