Na primeira quincena de agosto arrancarán as obras de acondicionamento da praza da Tellada, na zona coñecida como Miñoquiña, por un importe de 50.000 euros.
Ao mesmo tempo, están rematando as obras de acondicionamento da praza de Eugenio Fadrique –coñecida popularmente como praza da Industria-, onde se levou a cabo o acondicionamento do busto e a base do monumento, ademais de nova sinalización de tráfico, alumeado onda e nova plantación arbustiva.
Subvención denegada
Por outra banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta de Galicia denegou unha axuda de case 70.000 euros solicitada polo Concello de Vigo para a humanización da rúa Pazos, na zona de Peniche.
O rexedor explicou que a solicitude foi enviada en forma pero que a administración autonómica esgotou os fondos tan só doce minutos despois de abrir o prazo.