O citado tramo contou cun investimento de 1,3 millóns de euros, que serviron para reformar 330 metros do vial. Ademais, o Concello dotou Vía Norte dun quilómetro de tubaxes renovadas, saneamento, pluviais e abastecemento.
A rúa dispón agora de 200 metros cadrados de superficie axardinada con 41 árbores, sistema de rego automático e unha nova rede de alumeado con 18 farois LED cunha iluminación con proxectores na fachada da igrexa de Fátima, que será pintada tamén con cargo aos orzamentos municipais. Ademais, instaláronse novas papeleiras e 20 bancos grandes.
Agora a humanización continuará no treito que discorre entre Escultor Gregorio Fernández e Urzáiz, así como na rúa Fátima. Ambas acometidas sufragaranse con cargo ao superávit municipal.