Na reunión na que analizou este proxecto, tamén se informou sobre Porta do Sol e sobre o palco de Bouzas, pero estas dúas últimas resolucións aínda non chegaron ao Concello, polo que Caballero considerou sorprendente a rapidez en enviar o informe de Gran Vía.
En rolda de prensa, o rexedor deu conta de varios expedientes municipais que levan moitos meses en Patrimonio aínda sen resposta mentres que o das ramplas se emitiu en apenas unha semana, cunha «presa desmesurada».
O informe de García Barbón solicitouse o 26 de xaneiro; o de Camelias, o 21 de febreiro; o de Serafín Avendaño, o 22 de febreiro; o da Porta do Sol, o 21 de marzo ; e, por último, o do palco de Bouzas, que se solicitou en novembro do ano pasado. Trátase dun «escándalo sen precedentes, unha decisión política, sen aval ou sustento técnico ningún».
Segundo a cronoloxía exposta polo Concello, o 21 de decembro foi aprobado o proxecto por parte do consistorio e así se notifica á Xunta o 8 de xaneiro, quen non din nada ao respecto do mesmo. O 27 de marzo, o Goberno galego envía un «comunicado» -un feito sen precedentes desde o punto de vista administrativo- explicando que «dado que é un espazo singular, parece que o instrumento urbanístico non da cobertura» e, a continuación, desde Patrimonio Histórico reclaman telefonicamente e remisión do proxecto. O Concello o envía o 11 de abril e «a partir de aí comeza a mobilización política». Vinte días despois, en tempo «récord» chega esta decisión política, rematou o rexedor.
Aviso do PP
Pola súa banda, o Partido Popular de Vigo advertiu a Caballero de que «incumprir a lei a sabendas é prevaricar» e pediulle que ponga por diante a protección do patrimonio da cidade. A portavoz Elena Muñoz instouno a «recoñecer os seus erros en vez de querer instalarse na ilegalidade». «Sorprende que o primeiro que dixo tras facerse público o informe de Patrimonio é que ía facer o que lle petase», engadiu.
A concelleira do PP apuntou que esta «non é unha decisión política senón técnica» e chamou ao rexedor a «replantexar o proxecto e presentalo canto antes» respetando o bulevar, as árbores e o ‘Monumento ao traballo’.