Segundo explicou este mércores o alcalde, Abel Caballero, este martes quedaron fóra tres homes -que rexeitaron ir ao centro dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres-, dos que un deles se achegou durante a noite ao albergue municipal e ocupou a chamada ‘cama cero’, sempre dispoñible para as emerxencias. Esta mesma noite quedaron vacantes varias camas de mulleres.
Este equipo de rúa conta cun técnico de inserción e un educador social que lles ofrecen bebidas quentes, incluída sopa. Levan mantas, sacos de durmir e información sobre a dispoñibilidade de espazo e camas no albergue. Tamén actúa en comunicación coa Policía Local, que coñece a situación destas persoas e, se é preciso, trasládaos ao albergue e, no caso de que estea completo, infórmaos da dispoñibilidade de camas no centro dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres.
Caballero expuxo tamén que no albergue se ofrece servizo de comedor e hai una sala habilitada para que os usuarios poidan pasar alí a tarde e o día.
Lentes da campaña ‘Ven y verás’
Tamén en materia social, o Concello entregará seis lentes adaptados da campaña ‘Ven y Verás’, un conxunto de accións solidarias que periodicamente desenvolve a Asociación Abre Sus Ojos con persoas con diversidade funcional (discapacidade intelectual, enfermidade mental…y/o grupos en risco de exclusión social) para examinar a súa vista.
Entre 70 e 80 profesionais estiveron no mes de outubro en Vigo examinando a entre 400 e 500 usuarios con discapacidade intelectual e enfermidade mental de Galicia e elixiron a seis persoas para serlles entregados lentes adaptados.
A ONG Abre sus Ojos leva máis de 5.000 lentes entregados a usuarios dos seus proxectos en España e o Concello volve a ofrecerlle cooperación para a súa presenza na cidade.