Caballero apuntou que o goberno que preside adicará 872.000 euros á humanización dunha rúa «moi deteriorada», unha reforma que presenta un prazo de execución estimado en catro meses e que inclúe a renovación de máis de quilómetro e medio de canalizacións soterradas de abastecemento, saneamento e pluviais.
Como é habitual nas remodelacións de rúas, ademais da mellora dos condutos de servizos baixo terra, a actuación municipal contempla arborado, xardineiras, papeleiras, bancos e puntos de luz LED, enerxéticamente eficientes.
Como elementos singulares desta humanización, o alcalde de Vigo subliñou a instalación dun «pavimento ecolóxico descontaminante», con tecnoloxía que permite a absorción do dióxido de carbono, e paneis informativos sobre paxaros e aves, acorde aos nomes das rúas do barrio.