Ademais, Caballero volveu arremeter contra os colapsos que están a sufrir os condutores por culpa dos traballos que se seguen a realizar tras a inauguración oficial da ampliación e reclamou que eses labores deixen de facerse en horas punta e se executen nos momentos de menos tráfico. Incluso, a poder ser, pediu que se centren na noite, para causar o menor perxuízo posible.
O rexedor olívico tamén esixiu que se informe aos condutores dos cortes á entrada da autoestrada e insistiu en que non se cobren as peaxes se se producen atascos.
Caballero trasladou a súa demanda a Fomento, Xunta e concesionaria ante os problemas «intolerables» que se están a producir en Rande. Así, anunciou que enviará unha carta coas demandas do Concello ao ministro, ao presidente do Goberno galego –aos que acusa de inmobilismo- e ao responsable de Audasa.
O alcalde indicou que «non se poden tolerar» estes atascos cando os condutores pagan peaxes «altos» -e subidos recentemente-, causando ademais problemas de seguridade, mobilidade e produtividade.
Artigos relacionados:
La diputación se une a las voces que piden levantar las barreras en la AP-9
Las tres medidas de Caballero contra la situación en Rande