A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas (adxudicación provisional) da xestión das escolas de Bouzas e Tomás Alonso cun orzamento total de 525.000 euros ao ano. “Significa que dedicamos a cada unha uns 260.000 euros, significa que a maior parte das familias que envían aos seus nenos ás escolas infantís municipais non pagan nada”, explicou.
Caballero sinalou que en conxunto a taxa das garderías é a metade que nas escolas da Xunta, posto que o pago máximo nas municipais é de 124 euros e na Xunta ascende a 240 euros.
“Cando cheguei había catro escolas, agora hai oito e tres veces máis prazas, o ano que ven abriremos a de Bembrive”, sinalou o rexedor.