O alcalde indicou que o goberno de Vigo atende ata 150 solicitudes cada día ata o 9 de xuño, e garantiu que, se é necesario, o prazo será ampliado para que ninguén quede sen presentar a súa solicitude. «Non é necesario que estean no Concello ás cinco da mañá», sinalou en referencias as colas que se forman para presentar a solicitude.
Caballero recordou que, na anterior convocatoria, tamén dotada con 2 millóns de euros, o Concello de Vigo concedeu máis de 1.000 axudas para pagos de aluguer ou hipoteca, sobre 800 para abonar os subministros de enerxía e máis de 600 para comprar alimentación e produtos de primeira necesidade en tarxetas tipo bancarias.