As labores de pavimentación comezarán o vindeiro mes de maio e durarán unhas tres semanas cada unha. Para que os traballos non entorpezan o tráfico rodado, os asfaltados vanse levar a cabo en horarios nocturnos, concretamente desde as 22.30 ata as 05.00 horas.
“Imos procurar as noites de menos tráfico para non interferir” na circulación de vehículos, anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Cabe lembrar que a avenida Arquitecto Palacios non se reasfaltará enteira, senón só o treito más próximo a Castrelos. Ademais, actualmente están a desenvolverse as obras de pavimentación na avenida de Castelao.
Rúa Cantabria
Ademais, a Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace ao expediente de contratación das obras do proxecto de beirarrúas na rúa Cantabria por un importe de 51.000 euros.
Por último, o Goberno local aprobou tamén o convenio de colaboración do Concello de Vigo e a Federación de Peña Recreativas de El Olivo para o fomento de actividades da entidade cun importe de 15.000 euros.