• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 7 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios como alternativa “en positivo” cara as municipais de 2023

    A formación nacionalista vén de iniciar o proceso interno para configurar a súa candidatura en cuestión de semanas. O concelleiro Xabier P. Igrexas pon en valor o traballo realizado durante os tres anos de mandato, nos que o partido despregou 663 propostas e iniciativas relacionadas coa cidade
    Redacción por Redacción
    15 de Jun, 2022
    en Local
    0
    O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios como alternativa “en positivo” cara as municipais de 2023

    Xabier P. Igrexas, no almorzo informativo celebrado este mércores. / Foto: BNG

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A formación nacionalista pon en valor o traballo realizado durante os tres anos de mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativasO Bloque Nacionalista Galego aspira a multiplicar apoios en Vigo como alternativa política “en positivo” de cara ás eleccións municipais de maio de 2023. A fronte nacionalista puxo en valor este mércores o traballo realizado durante os tres anos do actual mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativas sobre “a práctica totalidade dos asuntos que preocupan ás viguesas e vigueses”.

    “No BNG desenvolvemos un traballo permanente, abordando desde os grandes temas até as cuestións máis cotiás, que con humildade, mais de maneira desacomplexada, cremos que marcou a diferenza”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, durante un almorzo informativo celebrado para valorar a situación política local e as súas perspectivas e liñas de traballo.

    Igrexas defendeu o papel do Bloque en Vigo como oposición “construtiva”, no que destacou que cada crítica e denuncia foi acompañada dunha proposta ou solución aos problemas da cidade fronte ao “coro inútil da confrontación pola confrontación” do resto de formacións políticas. Neste sentido, salientou a coherencia do BNG na defensa “incondicional” dos intereses de Vigo tanto no Concello, no Parlamento galego, no Congreso como no Parlamento europeo.

    “Nós non defendemos a Vigo en función da cor política do goberno de quenda, nin temos posicións que van e veñen como outras forzas”, afirmou. Ademais do traballo institucional, fixo fincapé tamén na actividade das nacionalistas a pé de rúa “pateando os barrios e as parroquias, nun estreito contacto co tecido asociativo e cos movementos sociais”.

    Sumar fronte o ‘Goberno fake’

    O edil nacionalista adiantou que o BNG traballa xa na posta en marcha dun proceso participativo de base ampla co que aspiran a “sumar para multiplicarnos” cara aos comicios municipais previstos para maio de 2023. “Queremos sumar a moitos millares de viguesas e vigueses máis ao noso proxecto de mudanza para Vigo”, asegurou. “O BNG queremos despregar unha alternativa que permita resetear a cidade, para que Vigo volva coller impulso  fronte a un ‘Goberno fake’, que promete pero que non fai e que instalou a cidade na inercia”.

    Igrexas valorou a crecente corrente de simpatía cara ao BNG, como apuntan as diferentes enquisas publicadas, que sitúan á fronte nacionalista como a única forza política á alza en Vigo. “Sabendo que hai cada vez máis viguesas e vigueses que cren que a cidade merece máis, moito máis, que un Goberno que só fabrica titulares pero que xa se demostra esgotado e incapaz para resolver os problemas da cidade e para encarar os retos que temos por diante”, apuntou.

    “Covardía” de Caballero

    O portavoz municipal do BNG volveu afear o rexeitamento do alcalde de Vigo a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade, proposto polas nacionalistas, por “pura e dura covardía e desprezo á pluralidade”. Unha negativa que, a xuízo do Bloque, evidencia a “radicalización na deriva autoritaria e antidemocrática do PSOE de Abel Caballero”.

    El BNG de Vigo reta a Caballero a un debate público a cuatro bandas sobre el estado de la ciudad

    O concelleiro do Bloque chamou a todas as viguesas e vigueses “que cren que temos que avanzar cara a unha cidade non só máis fermosa, senón sobre todo máis habitábel e verde, coas persoas no centro, sabendo que humanizar de verdade é actuar para que deixe de haber filas da fame ou xente tendo que durmir nas rúas que se inauguran” a se sumar ao proxecto nacionalista.

    Candidatura

    A preguntas dos xornalistas a respecto da configuración da candidatura de cara ás vindeiras eleccións municipais, Igrexas explicou que a fronte nacionalista vén de iniciar o proceso interno que deberá resolverse nas vindeiras semanas. “O BNG somos unha organización radicalmente democrática e será a militancia quen decida, coma sempre, que persoa encabezará a candidatura”, afirmou.

    En relación á súa continuidade á fronte do BNG vigués reiterou que “no Bloque non hai nin dedazos nin autoproclamacións”. “Levo militando con orgullo no BNG desde 1999 e, como desde o primeiro día, estou a disposición da miña organización”, remachou.

    Tags: BNG de VigoXabier P. Igrexas

    RelacionadosArtículos

    O BNG propón a gratuidade do Vitrasa para menores de 14 anos e persoas desempregadas
    Local

    O BNG propón a gratuidade do Vitrasa para menores de 14 anos e persoas desempregadas

    01 de Ago, 2022
    Justicia y dolor por el ‘Villa de Pitanxo’: las familias piden bajar al pecio y «no tapar la verdad»
    Local

    O BNG de Vigo preguntará a Caballero que xestións realizou sobre o ‘Villa de Pitanxo’

    24 de Jul, 2022
    O BNG desprega no Berbés unha bandeira xigante de Galicia
    Local

    O BNG desprega no Berbés unha bandeira xigante de Galicia

    16 de Jul, 2022
    «As luces de Nadal van alumear moitos comercios pechados e empregos destruídos», advirte o BNG
    Local

    O BNG de Vigo propón un Bono de Consumo para axudar ás familias e ao comercio local

    13 de Jul, 2022
    O BNG de Vigo reclama máis peonalizacións como a do Calvario e menos como as de Caballero
    Local

    O BNG de Vigo reclama máis peonalizacións como a do Calvario e menos como as de Caballero

    10 de Jul, 2022
    O BNG chama a actuar contra os “preocupantes” problemas de ruídos en Vigo
    Local

    O BNG chama a actuar contra os “preocupantes” problemas de ruídos en Vigo

    01 de Jul, 2022

    Más Vistos

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    por Raquel F. Novoa
    30 de Jul, 2022
    0

    La promesa que las Tanxugueiras hicieron a Vigo ante 40.000 personas

    La promesa que las Tanxugueiras hicieron a Vigo ante 40.000 personas

    por Raquel F. Novoa
    31 de Jul, 2022
    0

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0

    Vigo concluye los accesos a la estación de autobuses y pronto dará plazos para el túnel de Lepanto

    Vigo concluye los accesos a la estación de autobuses y pronto dará plazos para el túnel de Lepanto

    por David Lorenzo
    01 de Ago, 2022
    0

    Caballero descarta a Ryanair para los nuevos vuelos internacionales en Peinador

    por David Lorenzo
    05 de Ago, 2022
    0
    Caballero descarta a Ryanair para los nuevos vuelos internacionales en Peinador
    Local

    Ha pasado medio año desde que Abel Caballero anunció que el aeropuerto de Vigo tendría vuelos internacionales en noviembre de...

    Leer mas

    La marca de complementos Singularu desembarca en Vigo con promociones de apertura

    por Redacción
    05 de Ago, 2022
    0
    La marca de complementos Singularu desembarca en Vigo con promociones de apertura
    Local

    El Gran Vía de Vigo refuerza su oferta comercial sumando un nuevo operador de complementos, Singularu. Será el primer local...

    Leer mas

    La inesperada confesión con la que Leiva emocionó a sus fans en Castrelos

    por Raquel F. Novoa
    04 de Ago, 2022
    0
    La inesperada confesión con la que Leiva emocionó a sus fans en Castrelos

    En el parque de Castrelos, más de uno de los seguidores de Leiva no sabía que se llama José Miguel,...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR