Responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) iniciaron o sorteo sobre as 10:00 horas da mañá ante a presenza dalgunhas das persoas que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e pediron participar neste procedemento e que, finalmente, resultaron adxudicatarios. Así, foron adxudicadas 10 novas vivendas de protección autonómica ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios no caso de que os primeiros non formalicen en tempo as correspondentes hipotecas.
As 10 vivendas sorteadas esta mañá pertencen á promoción do Cuarteirón Castelo de San Sebastián que está conformada polos inmobles ubicados en San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7. Conta tamén con 2 locais comerciais de 34,03 m2 e 33,71 m2.
Todas as vivendas son de un dormitorio e contan con superficies que van dende os 46,24m2 aos 68,20m2. O prezo da vivenda máis barata é de 67.048,00 euros mentres que a máis cara é de 109.120,00 euros.
A recuperación destes 4 edificios foi deseñada polos seus arquitectos, Javier Franco e Vicente Pintos, coma un lugar aberto dotado con 11 mobles modulares que permitirán aos seus adxudicatarios organizar o interior ao seu gusto, separando os espazos en función das súas necesidades. A rehabilitación xa está rematada e nela o Consorcio Casco Vello de Vigo investiu máis de 1,2 millóns de euros.
A partires de hoxe, os 10 beneficiarios recibirán por parte do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- a comunicación formal coma adxudicatarios. Este xoves o CCVV organizará unha xornada de portas abertas e, posteriormente, serán citados a unha reunión para levar a cabo a asignación da vivenda concreta que lles tocou. Os beneficiarios terán 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves dos seus pisos.
Características das 10 vivendas:
Planta baixa (SC5): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 46,24 m2. Prezo: 67.048,00€
Planta baixa (SC7): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 46,24 m2. Prezo: 67.048,00€
Primeiro (1SC5): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 67,66 m2. Prezo: 98.107,00€
Primeiro (1SC7): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 67,66 m2. Prezo: 98.107,00€
Primeiro (1SS4): salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 59,16 m2. Prezo: 85.782,00€
Primeiro (1SS6): salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 56,13 m2. Prezo: 81.388,50€
Segundo (2SC5) ÁTICO: 1 dormitorio + salón comedor +cocina + baño. Superficie: 68,20 m2. Prezo: 109.120,00€
Segundo (2SC7) ÁTICO: 1 dormitorio + salón comedor +cocina + baño. Superficie: 67,70 m2. Prezo: 108.320,00€
Segundo (2SS4) ÁTICO: salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 59,16 m2. Prezo: 94.656,00€
Segundo (2SS6) ÁTICO: salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 56,13 m2. Prezo: 89.808,00€