En 2013, o Enlaza Vigo do Concello, recibiu o Premio de Boas Prácticas contra a Violencia de Xénero outorgado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e a Federación Española de Municipios e Provincias.
Máis de 1.400 estudantes participaron nas distintas actividades que se desenvolveron no Mar de Vigo ao longo da mañá. Entre outros, amosáronse experiencias escolares que se están a levar a cabo en seis centros de Secundaria da cidade (IES Ricardo Mella, Politécnico, Alexandre Bóveda, Castelao, Audiovisual de Vigo e IES de Teis); actividades nas que o alumnado coñeceu campañas de prevención así como exposicións de traballos e vídeos escolares realizados nas anteriores edicións de Enlaza Vigo.