O Concello de Vigo respaldou a proposta do Foro E. Peinador de reivindicar a súa figura instalando un busto nas inmediacións da Escola de Empresariais, na rúa Torrecedeira.
Na súa interevención ante as autoridades, Abel Caballero subliñou o empeño de Peinador na formación dos traballadores e dunha burguesía para o progreso da área metropolitana viguesa e de Galicia, xunto a evolución da educación das escolas de oficios á Escola de Comercio e a actual Universidade de Vigo. O alcalde trazou o «recordo dun gran empresario, dun gran emprendedor, cunha visión de Galicia desde Vigo» e avogou por continuar no futuro co seu legado de modernidade.