Os requisitos de acceso pasan por ter residencia en Vigo e que o neno/nena teña unha idade mínima de tres meses. Este ano, como novidade, pódese presentar a solicitude sempre que a data probable de parto non supere o 5 de xuño.
Como é habitual, terán preferencia na reserva os nenos que xa estean matriculados, así como para os que teñan irmán no centro. Hai tres opcións de horario: mañá (07,30 -15,45 h), tarde (16,00 a 20,00 h) e continuo, no caso de Costeira Saiáns (de 9,00 h a 17,00 h ou de 10,00 h a 18,00 h).
Estarán exentas de matrícula e mensualidade as familias con ‘renta per cápita’ mensual de ata 327,83 euros, unha cifra que se eleva a 512 euros, no caso de familias numerosas. Respecto dos prezos, o Concello subvenciona unha parte moi importante do custo das escolas, ás que dedica un orzamento anual de case 1,5 millóns.
A solicitude de praza realizarase a través do formulario dispoñible na páxina www.escolasvigo.org/reim e a presentación poderá ser presencialmente no Rexistro Xeral ou telematicamente se se dispón de sinatura dixital.
O período para solicitar nova praza e renovar as matrículas será do 11 ao 27 de marzo, as listas provisionais estarán dispoñibles o 13 de maio nos tablóns das escolas infantís e na web. As listaxes definitivas se publicarán o 7 de xuño e o prazo de matrícula se estenderá desde o 10 ata o 21 de xuño.