Así se expresaba o dirixente popular na clausura do acto do programa #CumPPlimos que se celebrou este sábado en Vigo e onde estivo acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, e polo vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado.
Segundo o presidente do PPdeG, España non merece que triunfe nin o voto do perdón aos que levaron o país á peor crise económica, nin tampouco o voto da condescendencia co que sementou coa súa irresponsabilidade a crise territorial.
Así mesmo, o líder popular sinalou que os populares demostraron nos últimos catros anos que teñen un proxecto económico, un proxecto social e un proxecto político para o noso país.
Así, lembrou que se no Nadal de 2011 se estivo pendente de se a crise económica se ía levar España por diante, agora non desexa que este Nadal o pasemos pendentes de se o que vai levarse España por diante é unha nova crise económica ou unha crise territorial.
Feijóo asegurou que o que quere é que se siga falando de recuperación do emprego, da calidade de vida dos cidadáns, de oportunidades, da confianza na política e da recuperación da unidade de España, algo que só é posible co Partido Popular.
Balance
O líder dos populares galegos asegurou que se outros partidos non poden facer balance da súa xestión económica é porque, no peor momento de España, renunciaron a traballar polo seu país.
Deste xeito, afirmou que mestres estes adiantaron as eleccións e practicamente se fugaron do Goberno deixando España ao borde do rescate e deixando España ata sen presupostos, os populares facían política, pero só nunha comunidade, porque non tiñan proxecto para España.
Por outra banda, o líder do PPdeG matizou que o balance dos populares non é dicir que todo o fixeron ben, nin dicir que xa está o traballo rematado, senón que é dicir que fixeron todo o posible, aínda que fose difícil, ou mesmo impopular, e que grazas a iso hoxe España está nunha mellor situación que hai catro anos e ten un horizonte moito máis esperanzador.
Como engadiu, os populares lograron que se deixara de falar do crecemento do paro, para falar de creación de emprego; que se deixara de cuestionar a viabilidade dos servizos públicos para continuar mellorándoos; que fose posible deixar de falar da prima de risco para poder volver a valorar España fóra.
Do mesmo xeito, fixo fincapé en que a redución de presupostos deu paso á recuperación das contas públicas e, por conseguinte, a camiñar cara a recuperación dos cidadáns.
Así, Alberto Núñez Feijóo puxo de manifesto que todo o que fixeron os populares foi pensando soamente nos cidadáns e cre que valeu a pena tanto en España como en Galicia.