Conxemar
Recoñécese o papel de Conxemar como lugar de encontro do sector internacional do peixe conxelado, considerada entre as dúas máis importantes do mundo. A organización deste evento anual en Vigo, porto pesqueiro europeo de referencia, é iniciativa da Asociación española de almacenistas, Importadores, transformadores e exportadores de produtos da pesca e acuicultura, onde ten a súa sede, integrada por 222 empresas que avalan a súa capacidade de representación e defensa dos intereses do sector nos ámbitos europeo, nacional e autonómico.
“Conceder a Medalla da Cidade, Reconquista 2016, a Conxemar, en consideración ao seu papel preponderante no desenvolvemento da cidade, por ser un instrumento de unión fundamental no sector do conxelado no noso país, pola súa relevancia e polo recoñecemento acadado no sector pesqueiro internacional”, apunta o Concello.
Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebal (Apamp)
Constitúese en 1977 para traballar a prol da integración das persoas con minusvalía física, nos Centros de Educación Ordinarios, na provincia de Pontevedra, por iniciativa de un grupo de familias viguesas. A misión de APAMP é contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, tanto a eles como as súas familias, e facilitando oportunidades para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.
A súa prioridade é a a atención centrada nas necesidades das persoas e, especialmente, conseguila para as non atendidas. Son membros da Comisión Permanente do Consello Local de accesibilidade e participan nas políticas municipais de atención, inserción social e calidade de vida, dirixidas a este sector da poboación.
Comesaña Sporting Club
O club, xa centenario pois foi fundado en 1915, é o decano do atletismo galego e o terceiro máis antigo de España. Recibe o seu nome do barrio onde naceu e segue a súa sede, San Andrés de Comesaña, da que saíron os primeiros atletas e na que consegue os maiores apoios. É todo un referente no campo a través e fondo galego.
O evento emblemático do club é o “Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” que se ven organizando dende 1978, convertida na gran proba clásica do campo a través galego.
Down Vigo (Asociación para el Síndrome de Down)
Xorde en 1989, por iniciativa de familias, para responder ás necesidades das persoas con este síndrome e outras discapacidades intelectuais, e para procurar a súa integración mellorando aqueles aspectos que afectan a súa calidade de vida.
Procuran o exercicio efectivo dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o seu desenvolvemento integral como persoas a través da plena inclusión social e do emprego dos recursos ordinarios da comunidade, segundo se establece na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.
Estaleiros e Varadeiros Francisco Cardama S.A.
Fundado en 1916 por Francisco Cardama Godoy, adicouse á construción e reparación naval. Na súa orixe traballábase con madeira e a transición ao aceiro levouno a adicarse preferentemente á reparación durante case medio século. A actual sociedade, CARDAMA, xorde tras da fusión, en 2000, co estaleiro Asgalo. En 2001 construíron o remolcador Charuca Silveira, que queda na nosa historia pola súa intensa actividade durante o desastre do Prestige.
Están consolidados coma un dos construtores de buques máis prolíficos de España coa construción dunha grande variedade de embarcacións para Europa e Africa, mantendo a transformación e reparación naval. En 2010 se incorporaron á innovación en enerxías renovables, co “Proxecto Magallanes”, que constrúe unha plataforma flotante para a xeración eficiente de enerxía mareomotriz. En 2014, CARDAMA rehabilitou o histórico arrastreiro, Bernardo Alfageme, instalado en Coia en 2015.
Carmen Lamas Pérez (Menchu Lamas)
Carmen Lamas Pérez, que asina toda a súa obra como Menchu Lamas, é unha figura central da pintura contemporánea española. Debutou en Vigo en 1974 nunha histórica exposición colectiva na Praza da Princesa. Tamén aquí, en 1980, formou parte do equipo fundacional de Atlántida, xunto a Antón Patiño, Anxel Huete, Guillermo Monroy e Román Pereiro.
En 1982 realizou a súa primeira exposición individual na Galería Buades de Madrid, e nesa década participou nalgunhas das mostras colectivas máis importantes do arte español contemporáneo como “26 pintores/ 13 críticos”, “II Salón de los 16”, “Bienal Nacional de artes plásticas”, “Cinco nombres de mujer”.
Realizou múltiples exposicións individuais en España, Alemaña, Italia e Marrocos e participou en diversas mostras colectivas en distintos países. As súas obras están presentes no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid, el Museo Patio Herreriano de Valladolid, el Museo Reina Sofía, no Museo Quiñones de León e en diversas coleccións.
Xunta de Persoal Área Sanitaria de Vigo
Desde a constitución desta Xunta de Persoal en maio de 2015, que agrupa a 7.000 traballadoras e traballadoras, central o seu labor na defensa da Sanidade Pública.
As súas prioridades son a denuncia da situación que atravesa a sanidade pública nesta súa área de influencia, pola crecente privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro, o progresivo desmantelamento do Hospital do Meixoeiro, e coa demanda do mantemento do anexo do antigo Hospital Xeral para servizos sanitarios.
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo é o organismo de Acción Caritativa e Promoción Social da Igrexa na Diocese de Tui-Vigo e a súa rede está constituída por 67 Cáritas Parroquiais e 1 Interparroquial. Os recursos de Cáritas proveñen das súas doazóns privadas e achegas públicas.