Hai que lembrar que As Travesas acollerá dentro dun mes a Supercopa de España de balonmán feminino, que medirá ao Mecalia Atlético Guardés e ao Rocasa canario. Igualmente, albergará os compromisos de Liga de Campións do conxunto do Baixo Miño en caso de que se clasifique para a fase de grupos.
Ademais, o consistorio tamén traballa na mellora doutros pavillóns municipais, como son o novo recinto deportivo da ETEA, o pavillón de Monte da Mina e o de Teis.
Estas actuacións encádranse dentro do interese do Concello por mellorar as instalacións deportivas da cidade. No que vai de ano gastouse case un millón de euros neste ámbito.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, incidiu este mércores na «atención especial ás instalacións deportivas» que está a prestar o goberno que dirixe, un dos «obxectivos» na cidade.