Así, dende as 16:30 da tarde haberá unha pantalla na praza proxectando imaxes navideñas da cidade e ás 19 horas comezará a conta atrás para o prendido da iluminación de toda a cidade que rematará cunha tirada de fogos de artificio. Ademais o acto contará coa música en directo do grupo Big Bang Band Vigo e haberá outra actuación sorpresa, segundo anunciou o rexedor.
Sobre a árbore de Nadal instalada na Porta do Sol, o alcalde sinalou que «segue batendo marcas» con 25 metros de alto e 9 metros de diámetro. Dispón de catro entradas ao interior con acceso para persoas con mobilidade reducida e conta con case 100.000 puntos led RGB, amais de 600 lámpadas efecto flash que é unha novidade e «haberá sorpresas na árbore».
Caballero explicou que a cidade se encherá neste Nadal con máis de 1.500 elementos decorativos; haberá máis de 150 rúas iluminadas sendo «seguramente a cidade de España con máis luces» nunha decoración na que se empregarán 2,5 millóns de lámpadas micro-led con 700 arcos transversais e 850 motivos en farois, que chegarán a todas as zonas da cidade. Ademais, vanse iluminar as oliveiras da Praza da Igrexa, Rosalía de Castro, Velázquez Moreno, a Puerta do Sol e o Paseo de Alfonso. Tamén se iluminará o Dinoseto «como parte activa das festas» e instalaranse luces de paraugas en diferentes prazas.
A iluminación de Nadal permanecerá prendida todos os días desde as 18 horas da tarde, apagándose durante a madrugada agás as noites do 23, 24, 25, 30 e 31 de diciembre e dol 1, 5 e 6 de xaneiro, cando se manterán acesas toda a noite.