Dito punto de encontro pecha os luns e martes todo o día e os mércores pola mañá, pechando tamén do 16 ó 30 de agosto como ven facendo en anos anteriores, en contra da necesidade dos familiares con crianzas e contra as demandas das organizacións de mulleres. Non se pode prescindir deste servizo fundamentalmente nos casos de violencia de xénero no que o punto de encontro é indispensable para que as mulleres poidan facer o intercambio con certa seguridade.
Debido a esta situación, o Consello Municipal das Mulleres decidiu facer pública esta situación para que se tomen as medidas necesarias para que este servizo non peche en ningún período durante o ano e se amplíen os horarios pola semana.