A actuación permitirá incrementar a súa capacidade dunha liña por curso escolar a tres, co fin de dar resposta ao incremento do alumnado do centro -en máis dun 25 por cento nestes cinco últimos anos- e á previsión de crecemento futuro.
As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 por cento. O importe de adxudicación correspondente á fase 2 ascende a 1,3 millóns de euros. O prazo de execución da obra será de oito meses, polo que non estará rematada ata a próxima primavera.
A acometida desenvolvese en dúas fases. Na primeira delas, xa en execución, constrúese un novo módulo independente de educación infantil, con nove aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdobre, espazos comúns, porches e pistas polideportivas, cun importe de adxudicación de 1,5 millóns.
Pola súa banda, a segunda suporá a demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 1.400 metros cadrados para once aulas de educación primaria e sete de apoio, así como para aseos, almacéns e un novo comedor de 142 metros cadrados nas antigas aulas de infantil.