Ademais, con ‘Samaín attack’ os cativos a partir de 3 anos aprenderán a facer arañas e co ‘Laboratorio Frankenstein’ científicos noveis a partir de 5 anos completarán experimentos co Doutor Frankenstein no seu laboratorio.
As actividades no Calvario –que terán un ollo pendente da chuvia- desenvólvense diante do mercado entre as 17:00 e as 20:00 horas con propostas de tatuaxes de terror, chapas, debuxos terroríficos, tarxetas de Samaín, teas de araña, arañas doces e fantasmas de algodón, amais de maquillaxe de terror.
Tamén no Calvario, a partir das 19.00 horas e ata as 23:30 horas, terá lugar o Serán Samaín para involucrar aos máis pequenos da casa. Organizado pola asociación folclórica e cultural O Fiadeiro, contarán con grupos destacados de música tradicional e actuacións de grupos espontáneos previa inscrición. Durante o evento repartirase chocolate quente de balde.
Por último, a rúa do Príncipe, á altura do Marco, encherase de música co pasacalles ‘Espíritos do Samaín’ de Barafunda Animación, que ofrecerá dous pases diarios: de 17.00 a 18.00 e de 18:45 a 19:45 horas.