«Para CCOO é unha conquista da loita dos traballadores do hospital e da cidadanía de Vigo. Despois da gran manifestación do 2015, conseguírase abaratar os costes do «parking privado» e o compromiso, hoxe realidade do parking municipal público e gratuito», sinala o sindicato.
CCOO lembra tamén as manifestacións da voceira do PP de Vigo, Elena Muñoz, nas que solicitaba a gratuidade do parking do hospital unha vez licitado o municipal. «Hoxe, que ademais de licitado está rematado e inaugurado, preguntamos se vai cumprir a súa promesa, aínda que sexa tarde?», explican.
Ademais, CCOO esixe que todos os aparcadoiros do citado hospital sexan «públicos e gratuitos, tanto o da concesionaria, ubicado nos sótanos do hospital, como o municipal no exterior». O sindicato explica que queren que sexan públicos e gratuitos, e para todos os cidadáns que teñan que utilizar o hospital, independentemente de onde residan. «Para CCOO é inaceptable que a necesidade de aparcar e sin alternativa de facelo doutra maneira o convirtan nun copago mais», conclúe.