«As novas medidas de controlar con tarxeta e barreiras as entradas do persoal no aparcadoiro desde primeiro de ano, ten como consecuencia longas colas dende a entrada do «parking» a autovía e a Avda Campoamor, dende as 7,15 horas ata ás 8,30 horas», apunta o sindicato nun comunicado.
Os traballadores «están chegando tarde o posto de traballo e os compañeiros do turno de noite de 10 horas, teñen que esperar media hora máis para dar o relevo en condicións».
«Para o xerente, e para a concesionaria, prima o negocio sobre a calidade asistencial. Non paran de abrir novas frontes. Pouco persoal e tratado sen o máis mínimo respecto», asegura CC OO.