Comezando pola rúa do Príncipe, o goberno de Vigo levará a outros «puntos estratéxicos» da cidade un sistema intelixente de videovixilancia. O alcalde, quen recordou que «Vigo é unha cidade segura», explicou que se van empregar as últimas tecnoloxías para «apoiar» a seguridade da urbe, cun sistema de videocámaras intelixentes emprazadas en «puntos estratéxicos» da cidade, comezando por Príncipe.
As cámaras, apuntou o rexedor vigués, activaranse coa detección de persoas e poderán emitir avisos directamente á Policía Local. O goberno de Vigo estimara inicialmente o investimento en 36.000 euros, cantidade que Caballero baralla ampliar para levar este sistema a outros puntos da cidade.
En calquer caso, a instalación non será inmediata, posto que será necesario convocar o concurso público e adxudicar o contrato.