Dado o acordo coa proposta de CC OO que lle trasladaron en detalle a secretaria xeral do sindicato en Vigo, Amelia Pérez, e o responsable de Persoais, Roberto Alonso, o rexedor anunciou que enviará unha carta á Xunta de Galicia coa iniciativa manifestándolle «o noso apoio, a visión de que se ten que asumir» e a necesidade de que nos orzamentos deste ano inclúan unha partida para este centro porque precisa certo acondicionamento.
Segundo explicou Caballero, a proposta de CC OO para o uso do antigo Cíes como centro de día de atención especializada está dirixida a persoas con algún grao de dependencia, que teñen unha certa autonomía onde propoñen un modelo de atención no que se promove a interacción e acción dos usuarios para que poidan facer vida de forma independente. Unha idea que consultaron con entidades da zona do hospital que a ven con bos ollos.