• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 7 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    8 de marzo

    «Até que paremos o mundo»

    Unha vez rematada a marcha feminista ese domingo en Vigo, xa na praza do Berbés, deuse lectura ao manifesto
    Redacción por Redacción
    04 de Mar, 2018
    en Local
    0
    «Até que paremos o mundo»

    «Benvidas as que levades décadas construíndo o feminismo en Galiza, porque sen vós non estariamos hoxe aquí; benvidas todas as que formades, formamos, parte deste movemento imparábel, porque sen vós isto tampouco sería posíbel. Benvidas todas as mulleres que habitamos este recuncho do mundo que é Galiza, desde o que estamos a construír un futuro de dignidade para todas!

    Hoxe ateigamos Vigo, como antesala ao que vai suceder neste 8 de marzo, en sororidade con todas as mulleres que farán paros nesa xornada de folga internacional de mulleres. Hoxe, como todos os 8 de marzo, estamos aquí, en pé de loita, para bater no chan con todas as mulleres do mundo e facer tremer a terra!

    En catro días, as mulleres do mundo estaremos levando a cabo a primeira folga de mulleres feminista, sumándonos a ela a nivel internacional, multilingüe e intersectorial, desde as nosas realidades, experiencias e vidas diversas, para dar un paso á fronte e transformar para sempre a vida de todas.

    Hoxe recuperamos o espírito co que as traballadoras e revolucionarias marcaron esta xornada como día de loita, logo de anos de ser utilizado como mera conmemoración. Hoxe rescatamos este día para a loita feminista arrancándoo dos rituais institucionais nos que pretenden encerralo. Hoxe culminamos un punto de inflexión nos feminismos galegos, que se coordinaron durante meses desde as bases para que esta xornada sexa unha demostración de forza das mulleres galegas.

    «Até que paremos o mundo»
    Hoxe iniciamos unha nova senda, facendo unha folga de coidados, laboral e de consumo que repetiremos cada ano até que as mulleres paremos o mundo e o mundo sexa tamén noso. Desde a unidade de acción, mais tamén desde a riqueza da nosa diversidade, para forxarmos un futuro colectivo que terá de ser feminista ou non será.

    Porque somos as mulleres as que sostemos a vida, que o sistema despreza e estraga cando esas vidas son as nosas, as das mulleres. Mais nós queremos vidas dignas de ser vividas e libres de todo tipo de violencias! Queremos que a vida sexa vivíbel para todas, sostida por todas e asumida polo conxunto da sociedade.

    Porque sabemos do sacrificio das nosas vidas para coidar das nosas maiores, das nosas crianzas, das nosas iguais, mais non queremos asumir esa tarefa en solitario. Porque as mulleres sustentamos a vida como coidadoras, educadoras e traballadoras domésticas non remuneradas mentres o capital nos paga todo este traballo con violencias.

    Porque non queremos ter que discutir se a fenda salarial real entre homes e mulleres é do 23, 34 ou 45%. Porque as duplas xornadas non se erradican con declaracións nen con leis ditadas polos señores do capitalismo. Porque hoxe as mulleres máis novas están condenadas de antemán ao traballo escravista, parcial e precario, cando non directamente á exclusión social e á pobreza; e as maiores están abocadas ao abandono, a soidade e á miseria, sen recursos e comunidades que as sustenten.

    Porque queremos parar de contar asasinadas, lesionadas, violadas, agredidas, discriminadas, presas, exiliadas, emigradas, empobrecidas e excluídas. Queremos parar de contar cantas teñen que denunciar e cantas non o fan, cantas son as acosadas, as humilladas, as calumniadas, represaliadas ou xulgadas elas en vez dos agresores.

    Porque as múltiplas faces da violencia machista teñen un só rostro: o terrorismo como sostén do patriarcado, e porque todo este terror só vai parar o día que acabemos con el. Porque somos diversas e o patriarcado capitalista instrumentaliza esa diversidade para nos segmentar, dividir e desartellar con violencias e discriminacións específicas, mais o movemento feminista ensínanos que a diversidade suma e multiplica as loitas, que todas as perspectivas son importantes, todas as voces necesarias e todas as mulleres valiosas para avanzarmos cara a unha sociedade igualitaria, xusta e libre.

    Vítimas do sistema

    Porque as mulleres migrantes somos vítimas dun sistema que converte as persoas en mercadoría que move ou trafica segundo intereses económicos, sacrificando vencellos e afectos, á vez que sometendo as nosas irmás inmigrantes a maior explotación e cidadanías se segunda clase.

    Porque as mulleres do rural galego soportamos unha dupla ou tripla precariedade, porque non só sustentamos as vidas das nosas comunidades, senón tamén todo un ecosistema e unha fonte de sustento para todas que o poder condena ao máis absoluto deterioro e abandono. Porque temos que apostar por nos relacionar co medio de forma radicalmente diferente, porque precisamos a soberanía alimentaria para transformarmos o mundo e porque debemos rebelarnos contra o espolio dos nosos recursos naturais.

    Porque o menosprezo, as agresións, a discriminación laboral, a exclusión social e as violencias médicas baten con mais forza nas mulleres lésbicas, bisexuais, trans e intersex. Porque todas as mulleres e feministas temos que rexeitar a patoloxización, a difamación e os intentos de exclusión das mulleres trans e intersex, que xa formamos e sempre formaremos parte dos feminismos. Porque todas queremos ser libres para gozar das nosas vidas, corpos, desexos e afectos, e temos dereito a facelo libres de violencias.

    Porque loitamos contra a explotación dos nosos corpos e vidas, porque nos negamos a que sexan as nosas vidas as que se sacrifiquen e sometan para que o sistema siga funcionando. Porque sabemos que unha vida digna de ser vivida pasa por mudar as lóxicas patriarcais, capitalistas e coloniais. Porque estamos fartas. Porque se non podemos bailar, debater, reflexionar, cantar ou facer berrar as paredes, a revolución non nos interesa.

    Por todo isto, por todas nós, porque estamos fartas, imos facer do 8 de marzo unha xornada de folga internacional de mulleres para paralo todo, para mudalo todo, para que as nosas vidas se coloquen no centro da axenda e das prioridades. Porque só así seremos capaces de construír un mundo, unha Galiza e unhas vidas xustas, igualitarias e libres.

    Facemos folga de mulleres para sumar forza ás nosas razóns, porque levamos todas as nosas vidas berrando, protestando e esixindo solucións a un sistema que ignora sistematicamente as nosas demandas.

    Facemos folga de mulleres para dicir basta de remendos e tutelas institucionais que falan no noso nome ou nos usan como floreiro das políticas públicas sen solucionaren nada; para berrar que todo o que se faga sen nós faise contra nós; para deixar claro que estamos fartas de leis baleiras e ficticias, afastadas da realidade ou deseñadas como parches aos problemas sistémicos que padecemos.

    Facemos folga de mulleres para esixir que as políticas públicas deben ser deseñadas polos feminismos e tomadas en serio, financiadas e veladas na súa eficacia e cumprimento.

    Respecto e igualdade

    Facemos folga de mulleres para berrar que estamos fartas dun sistema educativo que reproduce as lóxicas patriarcais do poder e as súas violencias; para que as políticas educativas sexan dunha vez serias e radicais, atallando os problemas desde a base e desde a raíz.

    Facemos folga de mulleres para esixir unha educación pública de calidade, igualitaria e non sexista, na que a igualdade e a diversidade sexan eixos centrais de todos os currículos, materias e actividades, na que exista unha educación sexual dende a primeira infancia e adaptada a todas as idades, que propicie o desenvolvemento libre e saudábel da propia sexualidade, a normalización e a celebración da diversidade, e unha vida e unhas relacións afectivo-sexuais baseadas no respecto e na igualdade.

    Facemos folga de mulleres para esixir unha vida sen violencias, e para demandar que todos os recursos económicos, sociais, médicos, xudiciais e políticos se coloquen ao servizo de garantir este dereito básico de todas; para deixar claro que non aceptamos ningunha medida que non sexa integral e radical para protexer as nosas vidas das violencias machistas; para que se elimine calquera contido sexista ou discriminatorio no ámbito da comunicación e da cultura que lexitime ou alente esas violencias.

    Facemos folga para que lles quede claro que reclamamos e exercemos o noso dereito á autodefensa en todos os ámbitos da vida, que sempre nos defenderemos e defenderemos as nosas irmás até que as violencias sexan erradicadas.

    Facemos folga de mulleres para que os coidados sexan asumidos polo conxunto da sociedade, para que a comunidade sirva como ferramenta para construír vidas dignas, para transformar radicalmente a forma en que nos relacionamos co traballo, para combater o capitalismo e construír alternativas de vida para todas; para exercermos o noso dereito a escoller en liberdade a nosa forma de vivir, de amar, de criar, de maternidade e de sexualidade, e para que todas e cada unha desas escollas conten con todas as garantías sociais para podermos desenvolvelas.

    A revolución será feminista

    Facemos folga de mulleres para que os poderes públicos se involucren nunha loita sen cuartel contra a industria da trata.

    Facemos folga de mulleres para que os gobernos deteñan e revertan a situación de abandono e destrución do medio rural.

    Facemos e faremos folga de mulleres até que unha reforma laboral con perspectiva verdadeiramente social e de xénero impoña a obrigatoriedade de convenios colectivos e transparentes que erradiquen a fenda salarial, a precariedade, o teito de cristal, a división do traballo por xéneros, o chan pegañento e a feminización da pobreza.

    Facemos e faremos folga de mulleres até que os homes perdan os seus privilexios.

    Facemos e faremos folga de mulleres até que teñamos a convicción de que as nosas vidas son nosas, os nosos corpos nosos, o mundo tamén noso.

    Por todo isto e moito máis as mulleres galegas faremos folga este 8 de marzo!

    Temos a forza e a determinación para facermos que este mundo sexa tamén noso, máis igualitario e máis xusto!

    Mulleres, compañeiras: a revolución será feminista ou non será!

    Hoxe e sempre: abaixo o patriarcado capitalista e colonial!»

    43

    RelacionadosArtículos

    Descubriendo la Gran Manzana : Los sitios turísticos imprescindibles de Nueva York
    Viajes

    Descubriendo la Gran Manzana : Los sitios turísticos imprescindibles de Nueva York

    06 de Jul, 2025
    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR