Destinatarios:
Alumnado da sede central da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) ou calquera das súas seccións.
Presentación de solicitudes e prazos:
As solicitudes, conforme ao modelo oficial que se inclúe nas Bases reguladoras, deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Vigo, no prazo de oito días hábiles (incluídos sábados) contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no BOP.
Obtención da documentación e información:
As bases poderán consultarse, e descargárense os formularios de solicitude, na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org -apartado convocatorias- e na da EOI www.eoidevigo.org. Na sede central da EOI de Vigo existirá, así mesmo, un punto permanente de información e axuda á xestión ata o remate do prazo de presentación de solicitudes.