As listas de demandantes de vivenda que participarán en ditos sorteos veñen de ser publicadas e poden consultarse na web do IGVS. Estas dúas novas promocións do Consorcio que entran agora na fase final de adxudicación supuxeron para este organismo un investimento superior aos 500.000 euros, que permitirá continuar coa recuperación da zona alta do barrio histórico vigués.
As catro vivendas que se crearon en Subida ao Castelo 12 teñen superficies comprendidas entre os 55 e os 76 metros cadrados útiles. Distribuídas en dúas plantas, todas teñen acceso directo desde a rúa e dúas delas contan cun pequeno xardín posterior, en tanto que as outras teñen balcóns abertos cara á rúa que dá nome á promoción. Os prezos dos inmobles agora ofertados oscilan entre os 95.000 e os 125.000 euros.
En Subida á Costa 5 o Consorcio creou unha vivenda unifamiliar, situada na primeira planta, e un baixo comercial, rehabilitando un edificio anteriormente dedicado a usos hostaleiros; situada moi preto do centro de notificacións da Consellería de Xustiza e do Concello de Vigo, a vivenda ten unha superficie de 69 metros cadrados, conta con dous dormitorios e o prezo fixado é de 114.000 euros.