A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou o casos e propuxo a adxudicación directa desta vivenda, en réxime de alugueiro. O citado inmoble foi cedido ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) por parte da Sareb.
«O Goberno galego avanza así no cumprimento do Plan rehaVita, que está a reforzar as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas», afirma a Xunta nun comunicado.
Estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social.
«A Consellería de Infraestruturas e Vivenda segue a dar resposta ás familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras», engade a Xunta.