• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 2 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    Os apoios da institución repártense en diferentes campos e contemplan dotacións económicas, mentorizacións e titorización
    Redacción por Redacción
    25 de Ene, 2023
    en Local
    0
    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    Foto de familia dos premiados coas autoridades. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Desde un proxecto de fomento do enoturismo galego ata outro de creación artística na Costa da Morte; dunha solución de mensaxería colaborativa ata outra que propón trampas selectivas para diferentes tipos de insectos. A Universidade de Vigo entregou este mércores os diplomas ás persoas gañadoras  da XI edición das axudas Incuvi Emprende para aquelas ideas que se atopan no seu nivel de desenvolvemento máis básico; VII Incuvi Avanza, para os proxectos que xa teñen certo nivel de maduración e unha axuda Incuvi Consolida para un proxecto que, tras pasar polos dous programas anteriores, busca consolidarse. 

    Son 17 novas axudas coas que impulsar, un ano máis, o nacemento dunha nova xeración de emprendedoras e emprendedores “que nos axuden a que Galicia sexa un lugar máis próspero e máis agarimoso coa súa sociedade”, tal e como indicou o reitor, Manuel Reigosa, na entrega dos diplomas, un acto que se celebrou na sala 1 do edificio Miralles e no que estivo acompañado na mesa pola vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini; o delegado do Goberno no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, e a xerente de institucións do Banco Santander, Eugenia Fandiño, así como, xa entre o público, representantes das principais entidades, tanto públicas como privadas, que patrocinan e colaboran con esta iniciativa.

    “Anímovos a que persigades teimudamente este proxecto que hoxe iniciades”, subliñoulles o reitor, que fixo unha firme defensa do emprendemento, como “un ingrediente fundamental da Galicia do futuro”, algo no que tamén insistiu o delegado do goberno no CZFV, David Regades, quen, ademais de desexarlles “moita sorte e moito ánimo”, lles describiu un panorama económico-empresarial “cheo de oportunidades” impulsado pola chegada dos fondos europeos Next-Generation. Nesta liña, animounos a botar man de todas as ferramentas que o consorcio pon á súa disposición para axudarlles a madurar os seus proxectos, entre elas a aceleradora Vía Galicia. Nesta idea tamén incidiu a representante do Banco Santander quen, ademais de recoñecer o traballo e esforzo de todos os premiados os animou a aproveitar todas as vantaxes de meterse de cheo “neste ecosistema de oportunidades”.

    Ideas de negocio que ‘emprenden’ camiño

    Gañadores das axudas Incuvi Emprende. / Fotos: DUVI

    Tras a intervención da vicerreitora, Natalia Caparrini, quen agradeceu a todos os patrocinadores e colaboradores a súa aposta polo programa Incuvi, os primeiros en recoller os seus diplomas  foron as gañadoras e gañadores das 12 axudas Incuvi Emprende. Neste caso a bolsa consiste nun programa de formación e titorización do equipo emprendedor durante un período de preincubación de 7 meses, desde xaneiro ata xullo. Recolleron as chaves do Espazo Incuvi de man das e dos representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras do programa Incuvi (Banco Santander, CZFV, BBVA, APV, Tecnópole, Abanca, CTAG, R e o Igape).

    Lideradas por alumnas e alumnos de moi distintos ámbitos, as propostas gañadoras formulan ideas de negocio de todo tipo. Desde unha iniciativa que promove o uso de drones con luces para  animación de espectáculos nocturnos (Luxit), ata outra coa que se busca lanzar un espazo de creación audiovisual, musical e artística situado na Costa da Morte (Aldea Studio), pasando por un brazo robótico e a súa implementación nunha aplicación que permitiría realizar cortes de pelo coa mínima intervención humana (BarberRobot).

    Algunhas son iniciativas individuais e outras teñen detrás o traballo conxunto de equipos, case sempre multidisciplinares. Entre as iniciativas individuais están proxectos como Lanana Estudio Textil, de Lucía Platas, do Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa, un estudo téxtil que busca a creación de pequenas coleccións de moda e accesorios con técnicas artesanais, e tamén Covintes, servizo cooperativo de xestión integral de vivendas sociais sostibles. Pola contra en parella ou equipo xorden Ponte a ritmo, proxecto de elaboración de contidos dixitais e de creación de recursos e metodoloxías activas que posibiliten unha mellora na aprendizaxe musical desde perspectivas innovadoras; Enoturismo 4.0, idea de negocio baseada no fomento do enoturismo galego, ou Onva, unha solución de mensaxería aplicada ao transporte de mercadorías que consiste en aproveitar a viaxe dun usuario/a para que transporte un paquete no espazo útil do seu vehículo particular, co obxectivo de fomentar a economía colaborativa e o intercambio de servizos na sociedade.

    Se ben a maior parte das iniciativas son ideas do alumnado, outras xorden dos resultados da investigación. E o caso de PoliNatur, iniciativa que propón o deseño, creación e venda de distintos produtos e servizos baseadas na ecoloxía de insectos, tales como trampas e atraíntes selectivos contra especies; e tamén de Pedaleando contra o párkinson, idea de negocio que propón a incorporación da práctica do ciclismo estático forzado como exercicio físico de fortalecemento e mobilización de membros inferiores en pacientes con párkinson.

    A listaxe de iniciativas premiadas complétase con Hill Chess, unha adaptación do tradicional xadrez incorporando implementacións e mecánicas novas que lle permiten aos xogadores/as crear un xogo independente e novo e, tamén relacionada cos xogos de mesa, Wars 4 Earth, proposta de entretemento dirixida tanto a un público xeral como a xogadores máis competitivos.

    Moda inclusiva, deporte… proxectos que ‘Avanzan’ 

    Iniqual, Tecnifica-t, Ecodiscards e Never[a]. Estes son os nomes das catro iniciativas que se fixeron cos VII premios Incuvi Avanza, axudas nas que se inclúen un programa formativo con 20 horas de formación sobre prototipación e planificación do márketing, 12 horas de mentorización personalizada e outras 12 de traballo dirixido para o desenvolvemento da idea de negocio, así como unha axuda económica de 1.000 euros por proxecto cos que poder facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo. Recibiron os diplomas da man dos representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras, neste caso Unirisco, Aje-Vigo, e MoBBAE.

    O  mundo da moda protagoniza dúas destas iniciativas. Impulsada por Alejandro Sierra e Cayetana de Ozámic, Iniqual nace como unha marca inclusiva de prendas que, partindo de patróns adaptados tanto á morfoloxía feminina como masculina, ofrece variedade de modelos e tallas para persoas de calquera xénero, tanto binario non binario, e pensadas tamén para poder acompañar ás persoas trans durante todo o seu proceso de transición. No caso de Never[a], de Andrea González, do Máster en Deseño e Dirección Creativa de Moda, busca lanzar ao mercado unha marca de moda urbana de venda en liña, tamén con filosofía ‘genderless’, que persegue crear unha ‘tribo urbana’ para novas xeracións. 

    No caso de Tecnifícate, provomida polo graduado en ADE Juan José Rodríguez, a idea é crear unha academia de fútbol dedicada a iniciar, formar, perfeccionar e dotar de recursos necesarios a mozos e mozas xogadores e axudarlles a lograr o seu desempeño como deportistas. Por outra banda, a cuarta iniciativa premiada, Ecodiscards, está impulsada por Nicolás Fernández, do Máster en Comercio Internacional, e, neste caso, trátase dun proxecto que busca a revalorización de subprodutos procedentes das actividades pesqueiras mediante a súa transformación en distintas formas de enerxía, “un  proxecto ambicioso, pero cuns valores moi claros en sustentabilidade e na dinamización de distintos modelos de economía”.

    Incuvi Consolida para unha startup dedicada ao deseño 3D

    E a III axuda Incuvi Consolida foi para Navia 3D, startup impulsada pola arqueóloga Rita Pérez e o enxeñeiro industrial Simón Fernández dedicada á virtualización e deseño 3D para sectores como a cultura, o patrimonio, a arquitectura ou, incluso a automoción. Recibiron a axuda Incuvi Emprende no 2021, Incuvi Avanza no 2022 e agora Incuvi Consolida, o que lles dá acceso a un programa de mentorización personalizada que pode prolongarse entre 6 e 10 meses -de febreiro a novembro-, e unha achega económica de 1000 euros para sufragar os gastos derivados da consolidación do proxecto.

    “Un pequeno logro máis, como decimos nós, todo vai sumando, con este Consolida pechamos o ciclo dos Incuvi. Estas iniciativas sempre dan un punto de motivación ao longo do proxecto”, salienta Pérez, ao tempo que explica que arrancaron Incuvi Emprende “sendo unha idea con algún pequeno traballo”, e a día de hoxe gústalles ver  como os seus proxectos lles achegan solucións aos seus clientes, logrando pechar 2022 vendo cumpridas as previsións económicas que tiñan para este exercicio. 

    Recibiron as chaves do Espazo Incuvi de mans da vicerreitora de Investigación, Belén Rubio. Agora os seus obxectivos a máis curto prazo son terminar e publicar a súa páxina web, “na que presentaremos de mellor forma os nosos servizos e, sobre todo, os proxectos realizados ata agora”. A medio prazo  “queremos rematar o Mvp de contornas virtuais en Vr para diferentes sectores e, por suposto, a captación e execución de proxectos de virtualización de patrimonio”. 
     

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial
    Local

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial

    31 de Ene, 2023
    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society
    Ciencia y Tecnología

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society

    26 de Ene, 2023
    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
    Local

    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

    24 de Ene, 2023
    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial
    Local

    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    23 de Ene, 2023
    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación
    Motor

    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación

    20 de Ene, 2023
    A Uvigo aumenta as súas bolsas de protección internacional
    Local

    A Uvigo aumenta as súas bolsas de protección internacional

    19 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    por Redacción
    29 de Ene, 2023
    0

    Doble fortuna de la Bonoloto: Vigo y Tui reparten 51.000 euros en un estanco y en un centro comercial

    Doble fortuna de la Bonoloto: Vigo y Tui reparten 51.000 euros en un estanco y en un centro comercial

    por Redacción
    29 de Ene, 2023
    0

    Matamá monta su Entroido con gastronomía, música y concurso de disfraces con premios en metálico

    por Redacción
    31 de Ene, 2023
    0
    Matamá monta su Entroido con gastronomía, música y concurso de disfraces con premios en metálico
    Local

    La celebración de San Blas en Bembrive es la más inminente en Vigo, pero las fiestas no se organizan de

    Leer mas

    Cinco hamburguesas de Vigo y su área metropolitana aspiran a ser la mejor de España

    por Redacción
    01 de Feb, 2023
    0
    Cinco hamburguesas de Vigo y su área metropolitana aspiran a ser la mejor de España
    Gastronomía

    La tercera edición del Campeonato de España de Hamburguesas ha iniciado este 1 de febrero una nueva etapa, la que

    Leer mas

    Ya se pueden ver y votar los mejores microcortometrajes inspirados en la Navidad de Vigo

    por David Lorenzo
    01 de Feb, 2023
    0
    Ya se pueden ver y votar los mejores microcortometrajes inspirados en la Navidad de Vigo
    Cine

    El concurso ‘Historias de la Navidad de Vigo en 90 segundos’ ha dado inicio este 1 de febrero a su

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR