• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    lunes, 8 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O Consello da Xunta aproba o nomeamento como reitor de Manuel Reigosa, que tomará posesión o 20 de xuño

    O evento contará coa presenza do presidente autonómico, Alfonso Rueda. O acto de investidura terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    Redacción por Redacción
    09 de Jun, 2022
    en Local
    0
    O Consello da Xunta aproba o nomeamento como reitor de Manuel Reigosa, que tomará posesión o 20 de xuño

    Acto de toma de posesión en 2018. Reigosa toma a remuda de Salustiano Mato. / Foto: UVigo.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Mes e medio despois de celebrarse as eleccións nas que foi elixido por segunda vez como reitor da UVigo, Manuel Reigosa tomará posesión do seu cargo o vindeiro 20 de xuño. Farao despois de que o Consello da Xunta aprobase, na sesión deste xoves, o decreto do seu nomeamento. O acto terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas ás 11.00 horas e estará presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e nel tomarán tamén posesión dos seus cargos os doce integrantes do novo equipo reitoral de Reigosa.

    Logo da intervención do secretario xeral, na que dará lectura ao decreto de nomeamento do reitor da UVigo, Manuel Reigosa prometerá o seu cargo e o presidente da Xunta de Galicia faralle entrega da medalla de reitor e do bastón de mando. Será entón o momento no que o xa novo reitor da UVigo pronunciará o seu discurso, para dar paso despois á toma de posesión dos novos cargos do equipo reitoral. Once vicerreitoras e vicerreitores e un secretario xeral integran o equipo que acompañará a Reigosa no seu segundo mandato e no que unicamente o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés, e a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama Santomé, manteñen as mesmas responsabilidades que no primeiro mandato.

    Nesta nova etapa tamén repiten, aínda que con cambios nas súas vicerreitorías, Natalia Caparrini Marín, que ocupará a Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade; Belén Rubio Armesto, que incorpora Transferencia e Innovación a Investigación; José María Martín Moreno, que pasa a ocupar a vicerreitoría de nova creación de Relacións coa Empresa; e María Isabel Doval Ruiz, que será a vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade. As caras novas do equipo son Alfonso Lago Ferreiro, vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, que ocupa o cargo do falecido Manuel Ramos Cabrer; Marisa Isabel del Pozo Triviño, vicerreitora de Internacionalización; Susana Reboreda Morillo, vicerreitora de Extensión Universitaria; Elena Rivo López, vicerreitora do campus de Ourense e Eva María Lantarón Caeiro, vicerreitora do campus de Pontevedra. Pola súa banda, Miguel Ángel Michinel Álvarez seguirá exercendo como secretario xeral.

    O discurso do presidente da Xunta porá o punto final a un acto ao que asistirán representantes dos ámbitos académico, político, social, económico e cultural de Galicia.

    Apoio do 72% dos votos

    Manuel Reigosa Roger volverá ser o reitor da Universidade de Vigo os vindeiros catros anos despois de acadar nas eleccións celebradas o 4 de maio o 72% de votos ponderados a favor da súa candidatura á fronte de H2040. Nunha xornada electoral marcada polo falecemento do vicerreitor e integrante do seu equipo de goberno, Manuel Ramos Cabrer, emitíronse un total de 2234 votos válidos, dos cales 1607 foron a favor e 627 en contra da candidatura de Reigosa, que obtivo o apoio maioritario nos tres campus e en todos os sectores, cunha ampla diferencia principalmente entre o alumnado, colectivo no que acadou 612 votos a favor, 194 en contra e 25 en branco.

    Nado en Vigo en 1958, Manuel Reigosa é licenciado e doutor en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor da Universidade de Vigo desde a súa creación en 1990 e catedrático de Fisioloxía Vexetal, o novo reitor foi director da Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, dúas veces decano, director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación. Autor de máis de 100 artigos de investigación e editor de cinco libros para editoriais como Kluwer ou Springer, entre outras, con seis sexenios investigadores e seis quinquenios docentes recoñecidos, na actualidade está centrado no traballo editorial, incluíndo o traballo como editor xefe de dúas revistas JCR (Thalassas e Allelopathy Journal) e a participación como editor asociado noutras tres (PLOS ONE, Acta Physiologia Plantarum e Weed Biology and Management).

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El agua en las Rías Baixas, a diferencia del Mediterráneo, se mantiene a 15 grados
    Medio Ambiente

    El agua en las Rías Baixas, a diferencia del Mediterráneo, se mantiene a 15 grados

    04 de Ago, 2022
    Dous docentes da UVigo, nominados aos Premios Educa entre os mellores de España
    Local

    Dous docentes da UVigo, nominados aos Premios Educa entre os mellores de España

    03 de Ago, 2022
    A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 4 e o 19 de agosto
    Local

    A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 4 e o 19 de agosto

    02 de Ago, 2022
    Música, ciencia, cultura, deporte e moita información nas xornadas de benvida ao alumnado da Uvigo
    Local

    Música, ciencia, cultura, deporte e moita información nas xornadas de benvida ao alumnado da Uvigo

    01 de Ago, 2022
    Aberto o prazo para solicitar os premios aos mellores expedientes do alumnado de mestrado da UVigo
    Local

    Aberto o prazo para solicitar os premios aos mellores expedientes do alumnado de mestrado da UVigo

    29 de Jul, 2022
    Adiada a aprobación dos cambios no Grao en Publicidade na procura de acordo sobre as linguas
    Local

    Adiada a aprobación dos cambios no Grao en Publicidade na procura de acordo sobre as linguas

    28 de Jul, 2022

    Más Vistos

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    por Raquel F. Novoa
    30 de Jul, 2022
    0

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0

    La promesa que las Tanxugueiras hicieron a Vigo ante 40.000 personas

    La promesa que las Tanxugueiras hicieron a Vigo ante 40.000 personas

    por Raquel F. Novoa
    31 de Jul, 2022
    0

    Vigo concluye los accesos a la estación de autobuses y pronto dará plazos para el túnel de Lepanto

    Vigo concluye los accesos a la estación de autobuses y pronto dará plazos para el túnel de Lepanto

    por David Lorenzo
    01 de Ago, 2022
    0

    Caballero descarta a Ryanair para los nuevos vuelos internacionales en Peinador

    por David Lorenzo
    05 de Ago, 2022
    0
    Caballero descarta a Ryanair para los nuevos vuelos internacionales en Peinador
    Local

    Ha pasado medio año desde que Abel Caballero anunció que el aeropuerto de Vigo tendría vuelos internacionales en noviembre de...

    Leer mas

    La marca de complementos Singularu desembarca en Vigo con promociones de apertura

    por Redacción
    05 de Ago, 2022
    0
    La marca de complementos Singularu desembarca en Vigo con promociones de apertura
    Local

    El Gran Vía de Vigo refuerza su oferta comercial sumando un nuevo operador de complementos, Singularu. Será el primer local...

    Leer mas

    La inesperada confesión con la que Leiva emocionó a sus fans en Castrelos

    por Raquel F. Novoa
    04 de Ago, 2022
    0
    La inesperada confesión con la que Leiva emocionó a sus fans en Castrelos

    En el parque de Castrelos, más de uno de los seguidores de Leiva no sabía que se llama José Miguel,...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR