Xunto á humanización en superficie desta calella sen saída perpendicular a García Barbón, o Concello de Vigo acometeu tamén a renovación das redes de saneamento, abastecemento e pluviais, xunto ao alumeado público e novos puntos de luz, mobiliario urbano e unha nova zona axardinada.
Travesía Escolas Públicas é unha céntrica rúa viguesa que finaliza no muro da AP-9, un espazo que presenta algunha “dificultade que trataremos con Autoestradas”, segundo Caballero, porque “non ten a adecuación necesaria”.