As obras prolongaranse polo prazo aproximado dun mes desde o 20 de marzo, data na que o Concello pechará Luis Taboada ao tráfico para proceder á reforma.
Esta rúa, situada nas inmediacións da Alameda, foi remodelada polo goberno anterior á chegada á Alcaldía de Abel Caballero, quen hoxe censurou “outro desastre” de reforma, que provocou “moito ruído” e un “forte deterioro” do firme.