Estes datos proxectan un 2018 mellor que os anteriores. No 2016 empregaron esta liña de transporte urbano máis de 34.000 persoas, cifra que superou os 44.000 no pasado 2017. A estimación municipal para este ano é superar os 50.000 usuarios, pois “funciona extraordinariamente ben”.
Caballero reiterou que a Xunta de Galicia destina 340.000 euros a subvencionar un autobús directo que une Santiago de Compostela co seu aeroporto, mentres que en Vigo se acordou co goberno de Núñez Feijóo un convenio similar do que “nunca máis se soubo”.
Así, o rexedor criticou que a Xunta abone “cero euros” para un bus entre a cidade e Peinador mentres que si paga 340.000 euros para unha liña Santiago-Lavacolla: “Non porque esteamos acostumados deixa de ser grave”, censurou o alcalde.