Desde este venres 16 de decembro, a empresa Valoriza farase cargo do mantemento e conservación das zonas verdes da cidade, logo de que o Tribunal Económico- Administrativo Central, dependente do Ministerio de Facenda, aceptase a súa impugnación á adxudicación do contrato, segundo explicou este luns pola mañá o rexedor.
Caballero mantivo un encontro este luns con responsables da empresa para transmitirlles a relevancia do traballo que van facer, xa que o coidado das zonas verdes, dos xardíns e das plantas é «moi importante en Vigo, xa que somos un modelo de cidade en España en beleza e tratamento das zonas verdes». Recalcou o alcalde a «especialidade» do modelo de Vigo onde «non é que haxa parques e xardíns senón que toda a cidade é un parque e xardín; en todas as rúas, grazas ás humanizacións».
Así, agarda de Valoriza que cumpra co servizo que será bo para a cidade e tamén para a propia empresa «como espello para toda España».