O alcalde e a presidenta da Deputación inauguraron este xoves a biblioteca municipal do Auditorio Mar de Vigo. Trátase, sinalou Caballero, da sala lectura máis grande de toda Galicia, con 1.200 m2 e 400 postos. O horario de apertura será de 09,00 a 21,00 h de luns a domingo e se ampliará na época de exames. A esta posta en marcha, sumamos a recentemente inaugurada Casa do Patín, que tamén vén cubrir unha gran demanda de postos de lectura na cidade.